Gandesa
Coordenadas: 41°3′10″N 0°26′21″L / 41.05278, -0.43917
Gandesa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, e é a capital da comarca da Terra Alta, situada no centro desta. Ata 1923 foi distrito electoral (xunto a Tortosa e Roquetes) escollendo un deputado a Cortes.
Gandesa | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista da vila de Gandesa | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Comarca | Terra Alta | |
Xeografía | ||
Altitude | 368 msnm | |
Superficie | 71,2 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 3 091 hab. (2014) | |
Densidade | 43,41 hab./km² | |
Xentilicio | Gandesà, gandesana | |
Outros datos | ||
Código postal | 43780 | |
Alcalde | Carles Luz Muñoz (CIU) | |
Páxina oficial |
Como cabeza comarcal é sede do Consello Comarcal e duns xulgados de primeira instancia. Posúe tamén un instituto e unha escola de capacitación agraria.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
3.767 | 3.250 | 3.094 | 2.807 | 2.831 | 2.736 | 3.090 |
EconomíaEditar
Unha actividade económica importante do municipio é a produción vinícola. A localidade é a sede do Consello regulador da denominación de orixe Terra Alta. Tamén se cultivan cereais de secaño, amendoeiras e oliveiras (o aceite da Terra Alta goza do recoñecemento dunha denominación de orixe protexida).
Cabe destacar que hoxe en día perdeu importancia a actividade agrícola, gañando importancia a industria, principalmente a de manipulación de papel e cartón.
HistoriaEditar
Gandesa foi o escenario de combates das guerras carlistas, durante as cales chegou a ser cercada ata sete veces polo xeneral Ramón Cabrera, e da batalla do Ebro durante a guerra civil española.
Lugares de intereseEditar
- Sitio arqueolóxico do Coll do Mouro. Trátase dun asentamernto da tribo ibérica dos ilercavones situado nos arredores da poboación.
- Igrexa da Asunción, con elementos románicos.
- Palacio do Castelán, con elementos arquitectónicos dos ss. XIII e XIV.
- Cooperativa agrícola. De estilo modernista, é unha das mellores obras do arquitecto Cèsar Martinell xunto á cooperativa agrícola de o Pinell de Brai e foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pola Generalitat de Cataluña.
- Centro de Estudos da Batalla do Ebro.
- A Fontcalda, a 13 km do pobo. É unha paraxe natural de gran beleza, a beiras do río Canaletas.
- Serra de Pandols. Lugar desde onde se pode gozar dunha magnifica vista e contemplar o Monumento á Paz que se construíu para recordar aos combatentes que morreron nestas paraxes durante a Batalla do Ebro da Guerra Civil (1938-1939).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gandesa |