Gamonal de Río Pico foi un antigo municipio da provincia de Burgos, en Castela e León. Foi anexionado ao municipio de Burgos en 1955 e desde entón é o seu barrio máis poboado, con máis de 60.000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaGamonal, Burgos
Imaxe

Localización
Mapa
 42°24′N 3°42′O / 42.4, -3.7Coordenadas: 42°24′N 3°42′O / 42.4, -3.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Burgos
MunicipioBurgos Editar o valor em Wikidata

Situación editar

Gamonal sitúase nunha chaira que se estende entre as veigas dos ríos Arlanzón, Vena e Pico. O núcleo primitivo e os seus edificios máis destacados, como a Igrexa de Santa María la Real y Antigua e a Casa do Concello, atopábanse xunto ao Camiño real de Francia, trazado que constituiría despois a estrada N-I.

Historia editar

Tras a súa anexión en 1955 ao municipio de Burgos, serían construídos en Gamonal durante as décadas de 1970 e 1980 múltiples bloques de edificios de vivendas, que o converterían nunha das zonas con maior densidade de poboación da capital burgalesa debido ao aluvión inmigratorio motivado pola apertura de polígonos industriais nas proximidades. O eixe principal era, e segue sendo, a rúa Vitoria (principal rúa de Burgos con máis de 5 km de lonxitude) pola que transcorría naqueles tempos a Nacional I (Madrid-Irún), se ben a maioría do tráfico que antes cruzaba a cidade pasou a facelo polas diferentes vías de circunvalación que se foron construíndo dende finais dos anos 70 ata a primeira década do século XXI.

En 2014 tivo lugar un conflito entre veciños e o concello pola realización dunhas obras na rúa Vitoria para convertila nun bulevar cun custo de 8,5 millóns de euros. Isto desencadeou nunha serie de manifestacións e disturbios ata que o alcalde Javier Lacalle anunciou a paralización das obras.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar