Game Over (videoxogo)
Game Over é un videoxogo de ciencia ficción desenvolvido por Dinamic Software para Amstrad CPC, Commodore 64, DOS, MSX e ZX Spectrum en 1987.
Game Over | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Dinamic Software |
Distribuidora(s) | Imagine Software |
Deseñador(es) | Ignacio Ruiz Tejedor Pedro Sudón Aguilar |
Artista(s) | Ignacio Ruiz Tejedor |
Lanzamento | 1987 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Amstrad CPC, Commodore 64, MSX, Thomson TO7, ZX Spectrum |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarA raíña Gremla goberna sobre cinco confederacións de planetas grazas a un poderoso exército de Terminators dirixido por Arkos, o máis fiel dos servidores de Gremla ata que o desprezo da raíña fixo que se pasara ó exército inimigo dirixido por McKiller. O xogo divídese en tres fases, na primeira Arkos débese enfrontar ós Terminators no planeta Cárcere, onde Gremla obtén as materias primas. A segunda fase lévanos ó palacio Xungla onde Arkos se ten que facer cun caza capaz de vencer o radar de Gremla. A terceira fase condúcenos ó Planeta Palacio, onde está o palacio de Gremla que Arkos ten a teima de destruír.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |