Gals é o nome duns satélites de comunicacións rusos. Estaban deseñados para proporcionar servizos de emisión directa a casa para receptores con antenas parabólicas de 60 cm de diámetro ou máis. Os satélites usaban o bus MSS-2500 e tiñan unha masa duns 2500 kg. Os paneis solares proporcionaban ata 2,4 kW de potencia e levaban a bordo tres transpondedores en banda Ku. O corpo dos satélites tiña unhas dimensións de 4,1 x 6,6 m, cunha envergardura dos paneis solares de 21 m. Lanzáronse dous satélites Gals:

Os plans iniciais eran lanzar versións melloradas dos Gals, pero nunca chegaron a levarse a cabo.[1][2]

Notas editar

  1. Mark Wade (2020). "Gals" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gals 1, 2 (17F71)" (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar