Abrir o menú principal

Galindo II Aznárez

Galindo II, finado en 922, foi conde de Aragón (893-922).

Galindo II Aznárez
Galindo II Aznarez, V conde de Aragón.jpg
Nacementoséculo VIIIxuliano
Falecemento923
NacionalidadeCondado de Aragón
Ocupacióngobernante
PaiAznar II Galíndez
NaiOneca of Pamplona
CónxuxeAcibella Garcés of Gascony e Sancha Garcés of Pamplona
FillosToda de Aragón, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Andregoto Galíndez, sen etiquetar e Guntislo Galíndez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do conde Aznar II e a súa esposa Onega de Pamplona, patrocinou no 905 o golpe de estado de Pamplona co que se mudou a dinastía Arista pola dinastía Ximena, moito máis favorábel aos intereses dos condes de Aragón. Casou en primeiras nupcias con Acibela de Gascuña, filla de García I de Gascuña e Aimena de Perigord. Desta unión naceron:

  • O infante Redunto de Aragón, bispo.
  • O infante Miró de Aragón.
  • A infanta Toda de Aragón, casada con Bernardo I de Ribagorza.

Casou en segundas nupcias con Sancha Garcés de Pamplona, filla de García II de Pamplona. Desta unión naceu Andregoto Galíndez, finada en 972, condesa de Aragón, casada en 925 con García II Sánchez I de Navarra.

A súa morte no ano 922 comportou que a súa filla Andregoto Galíndez recibise o condado. Polo seu matrimonio co rei de Navarra o condado de Aragón se integrou na coroa navarra durante case un século.