Galina Balashova
Galina Andreevna Balashova (ruso: Галина Андреевна Балашова), nada en Kolomna en 1931, é unha arquitecta e deseñadora rusa, que estivo asociada co programa espacial soviético.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1931 (92 anos) Kolomna, Rusia (pt) |
Educación | Moscow Architectural Institute (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Nave espacial, deseño, industrial design right (en) , arquitectura, interior (pt) , estación espacial, space project (en) e deseño industrial |
Ocupación | arquitecta, Arquitetura espacial (pt) , pintora, deseñadora, artista visual |
Traxectoria
editarBalashova naceu en Kolomna e estudou no Instituto de Arquitectura de Moscova. Balashova empezou a súa carreira profesional en 1955 no instituto de deseño GiproAviaProm en Samara. O seu traballo nese tempo implicou eliminar elementos decorativos, considerados "decadentes", de edificios residenciais. En 1957 pasou a ser arquitecta sénior en OKB-1, responsable do deseño no inicio do programa espacial soviético. Empezou deseñando residencias para empregados pero máis tarde contribuíu ao deseño do interior da nave espacial Soiuz e as estacións espaciais Saliut e Mir.[3][4] Tamén traballou como asesora para o programa Buran. Retirouse en 1991.[5]
O seu traballo co programa espacial incluíu o deseño de espazos de interior, mobiliario, paneis de control ou logotipos decorativos.[6] Deseñou para unha contorna de gravidade cero, utilizando contrastes de cores para o chan e o teito para evitar que os cosmonautas se desorientaran. Gran parte do seu traballo foi pouco coñecido, e foi declarado como alto segredo.[7]
O seu deseño dos pines de solapa usados na exposición aeronáutica de Francia en 1973 converteuse máis tarde no emblema oficial para o proxecto de probas Apollo-Soiuz. Con todo, o goberno ruso patentou o deseño e non deu crédito como autora a Balashova.[7]
Notas
editar- ↑ S.L, EDICIONES PLAZA. "La primera arquitecta espacial". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ Gómez, Heidy González (2017-01-25). "GALINA BALASHOVA 1931". UN DIA UNA ARQUITECTA 2 (en castelán). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ Dorr, Eugene. "Space Mission Patches - The Artists". Consultado o 27 de octubre de 2017.
- ↑ Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna" (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. Consultado o 2021-03-30.
- ↑ ""Galina Balashova: Architect of the Soviet Space Programme" at DAM Frankfurt - BMIAA". BMIAA (en inglés). 5 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Ray, Debika. "Galina Balashova - Icon Magazine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 "The Soviet Architect Who Drafted the Space Race". Motherboard (en inglés). 18 de agosto de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Meuser, Philipp (2015). Galina Balashova: Architect of the Soviet Space Programme (en inglés). Dom Publishers. ISBN 978-3-86922-355-1. Consultado o 16 de xaneiro de 2020.
- Elas, levaronnos ao espazo 2022 ISBN:978-84-8158-952-8