Galicia Agrícola

Galicia Agrícola foi unha revista publicada en Pontevedra en 1911.

Galicia Agrícola
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Revista mensual que apareceu o 1 de outubro de 1911 como órgano da Asociación de Peritos Agrícolas y Agrimensores de Galicia. Estaba dirixida por José López Otero. Non tivo unha orientación definida, nos primeiros números informaba do labor das sociedades agrarias do país, con publicidade de maquinaria, fertilizantes químicos e artigos para a modernización e o incremento da produtividade na agricultura tradicional e despois deu conta das asembleas agrarias.

A partir de 1913 pasou a editarse en Lugo. Dirixida por Feliciano Canto López, entre os seus redactores figurou Modesto Gómez Otero.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar