Galeras, Sucre

concello do departamento de Sucre, en Colombia

Galeras é un municipio de Colombia situado no departamento de Sucre, ao norte do país. Dista 50 km da capital departamental, Sincelejo. É municipio desde o 24 de outubro de 1968.

Modelo:Xeografía políticaGaleras, Sucre

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 9°09′31″N 75°02′56″O / 9.1586, -75.0489Coordenadas: 9°09′31″N 75°02′56″O / 9.1586, -75.0489
EstadoColombia
DepartamentosSucre Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación21.548 Editar o valor em Wikidata (66,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie326,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude80 m Editar o valor em Wikidata

Páxina webgaleras-sucre.gov.co Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O municipio ten unha superficie de 321 km², e ten unha altitude media de 80 msnm.[1] A súa poboación, no ano 2015, era de 20 188 habitantes.[2][3]

Historia editar

A cidade foi fundada en 1782.[1] E erixida co mo municipio o 24 de outubro de 1968.[1]

O seu alcalde é Remberto Javier Amell Hernández (2016-2019).​

Cultura editar

Unha das principais actividades culturais é o "Festival", onde se expoñen 'cadros vivos' personificados pola comunidade, na cal se recrean episodios da tradición cultural e relixiosa que se vive neste municipio.

A aparición dos cadros vivos en Galeras remóntase ao século XIX, segundo a antropóloga Gloria Triana, en concordancia co expresado no documento para a sustentación do Plan Especial de Salvaguarda diante do Ministerio de Cultura de Colombia, moito antes do ano 1849, cando a vila se eleva á categoría de aldea ou correxemento.

Algúns autores, como o escritor Oscar Collazos, aseméllano ao Tableau Vivant, de Francia, un tipo particular de entretemento social que tivo moito auxe na primeira metade do século XIX e que consistía basicamente en que xeralmente as persoas ricas nunha festa adoitaban disfrazarse como personaxes dunha pintura ou un gravado. Picante e brillante, adoitaba ser unha forma xeneralizada de entretemento, pero que desapareceu, probabelmente como resultado do auxe da industria do entretemento, no século XX, especialmente despois do nacemento da cinematografía.

Porén, en Galeras conservouse esta singular manifestación cultural de maneira espontánea. Alí se realiza, a maneira de teatro, de galería de arte vivo a ceo abirto, unha exposición anual de cadros vivos, ao longo de tres rúas, onde, á noite, expóñense exercicios creativos, con participación masiva de mulleres, anciáns, nenos, nenas e mozos, dando mostra dunha orixinal e versátil mostra de propostas visuais cuxos temas tocan o relixioso, os costumes, o amor, a soidade, o abandono, a crítica social, os soños, os mitos, medos e esperanzas, a pobreza, a educación ambiental, a protesta e tantos temas como cerebros hai na localidade.

O Ministerio de Cultura de Colombia ten pensado incluír estes cadros vivos na súa Lista do Patrimonio cultural inmaterial da Nación.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Información general de Galeras". Alcaldía del municipio. Consultado o 26 de maio de 2018. [Ligazón morta]
  2. "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 26 de maio de 2018. 
  3. Censo nacional Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar