Galera (imprenta)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galera.
En tipografía chámase galera a un utensilio de forma cuadrangular,[1] en madeira ou en metal, con tres rebordos por canal, por onde pode entrar e saír a táboa complementaria chamada volandeira.
Na superficie desta o caixista deposita as liñas para formar as planas que, atadas cun bramante ao redor do tipo, se quitan da galera sacándoas coa volandeira en que se apoian, até acabar formando a galerada (porción de liñas que caben nunha galera).[2]
Notas
editar- ↑ galera 3ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ galerada 1ª acep. no Dicionario da RAG.