Galactosamina
A galactosamina é un aminoazucre hexosamina derivado da galactosa, coa fórmula C6H13NO5.[2] Leva un grupo amino no carbono 2, que substitúe ao grupo OH que tiña a galactosa alí [3][4]. Este amino azucre é un constituínte de certas glicoproteínas que actúan como hormonas no organismo, entre as que se poden salientar a hormona estimulante dos folículos (FSH) e a hormona luteinizante (LH). Estas hormonas tamén presentan outros azucres tales como a glicosamina, a galactosa e a glicosa.
Galactosamina[1] | |
---|---|
2-Amino-2-desoxi-D-galactosa | |
Outros nomes α-D-galactosamina | |
Identificadores | |
Número CAS | 7535-00-4 |
PubChem | 24154 |
ChemSpider | 22576 |
UNII | 4Y6R29688W |
ChEBI | CHEBI:60312 |
ChEMBL | CHEMBL207280 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H13NO5 |
Masa molar | 179,17 g mol−1 |
Punto de fusión | 180 °C; 356 °F; 453 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A galactosamina tamén pode actuar como axente hepatotóxico, polo que é utilizada en modelos animais para estudar diversas patoloxías relacionadas coa insuficiencia hepática [5][6][7]
Notas
editar- ↑ Merck Index, 11ª edición, 4240.
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 4240.
- ↑ PubChem compound Galactosamine
- ↑ ChemSpider galn
- ↑ H. Gerhard Vogel: Drug discovery and evaluation, s. 944. Springer, 2002. ISBN 978-3540423966.(acceso 26-11-2011). [1] (en inglés)
- ↑ John A. Timbrell: Principles of biochemical toxicology, s. 359. Informa Health Care, 2008. ISBN 9780849373022. (acceso 26-11-2011). [2] (en inglés)
- ↑ Hyman J. Zimmerman: Hepatotoxicity, s. 120. Lippincott Williams & Wilkins, 1999. ISBN 978-0781719520. (acceso 26-11-2011).[3] (en inglés)