Gail Devers

atleta estadounidense

Yolanda Gail Devers, nada en Seattle o 19 de novembro de 1966, é unha atleta estadounidense especialista en probas de velocidade e valados que se proclamou dúas veces campioa olímpica dos 100 metros lisos, en Barcelona 1992 e Atlanta 1996, ademais de gañar un bo número de medallas en campionatos mundiais.

Infotaula de personaGail Devers

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Sweetwater High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura160 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista , atleta Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de velocidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14308955 Olympic.org: gail-devers WikiTree: Devers-63 Editar o valor em Wikidata

Con frecuencia foi comparada coa holandesa Fanny Blankers-Koen, pola súa capacidade para destacar tanto en probas de velocidade como de valados.

Traxectoria editar

Primeira etapa editar

A súa primeira competición internacional importante foron os Xogos Panamericanos de Indianapolis 1987, onde gañou o ouro nos 100 m lisos e os relevos 4 × 100 m.

O ano seguinte clasificouse para disputar os 100 m valados nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, onde foi eliminada en semifinais. A pesar de todo acabou o ano 6ª na clasificación mundial desta proba con 12,61.

Nos anos seguintes viuse afectada por unha grave e estraña enfermidade chamada "mal de Graves", que a punto estivo de custarlle a amputación dos seus dous pés. Tivo que someterse a terapia radiolóxica, e non reapareceu até 1991.

Nos Campionatos do Mundo de Toquio dese ano gañou a medalla de prata nos 100 m valados, por detrás da soviética Ludmila Narozhilenko.

Barcelona 1992 editar

A súa consagración chegou uns meses despois nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Clasificouse para disputar tanto os 100 m lisos como os 100 m valados, aínda que a maioría consideraba que as súas maiores opcións estaban nesta última proba. Porén, sorprendeu a todos gañando o ouro nos 100 m lisos facendo a súa mellor marca persoal (10,82), por diante da xamaicana Juliet Cuthbert (10,83) e da rusa Irina Priválova (10,84).

Tentou facer o dobrete gañando tamén nos 100 m valados, algo que só conseguira a lendaria holandesa Fanny Blankers-Koen en 1948. Devers a piques estivo de logralo, pero un tropezo xusto no último valado cando ía primeira na final, deu ao traste coas súas opcións e arrastrándose como puido até a meta acabou en 5º posición.

Ademais, a lesión provocada fixo que non puidese participar na proba de relevos 4 × 100 m onde tamén tiña opcións de gañar outra medalla de ouro.

En 1993 gañou o título dos 60 m lisos nos mundiais indoor de Toronto. Meses despois, nos mundiais ao aire libre de Stuttgart, volveu gañar o ouro nos 100 m lisos nunha final apretadísima coa xamaicana Merlene Ottey. Ademais esta vez fixo o dobrete gañando tamén os 100 m valados.

Nos mundiais de Gotemburgo 1995 non participou nos 100 m lisos, pero revalidou o seu título mundial nos 100 m valados.

Atlanta 1996 editar

Malia ser a vixente campioa, non era a favorita para gañar o título nos 100 m lisos nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Porén, demostrou a súa gran capacidade competitiva e impúxose na final da proba cun tempo relativamente discreto de 10,94. Convertíase así na segunda muller da historia en gañar dous títulos olímpicos nos 100 m lisos, trala súa compatriota Wyomia Tyus que o logrou en Toquio 64 e México 68.

Como lle pasou en Barcelona, tampouco puido facer o dobrete en lisos e valados, xa que só foi cuarta na final dos 100 m valos con 12,66. Iso si, gañou outra medalla de ouro nos relevos 4 × 100 m, nun equipo que formaban por esta orde por Chryste Gaines, Gail Devers, Inger Miller e Gwen Torrence.

En 1997 gañou por segunda vez o título mundial indoor dos 60 m lisos en París, pero nos mundiais ao aire libre de Atenas non se clasificou para ningún evento individual e só estivo presente nos relevos 4 × 100 m, onde as americanas gañaron a medalla ouro cunha gran marca de 41,47, marca dos Estados Unidos e segunda mellor marca mundial da historia.

En 1999 gañou en Sevilla o seu terceiro título mundial nos 100 m valados, mentres que só puido ser 5ª nos 100 m lisos.

En 2000, durante as probas de clasificación para os Xogos Olímpicos de Sydney fixo 12,33 nos 100 m valados, a mellor marca da súa carreira, e que a situaban como cuarta de toda a historia, tras Yordanka Donkova (12,21), Ginka Zagorcheva (12,25) e Ludmila Engquist (12,26).

Xa nos Xogos de Sydney, que eran os seus cuartos Xogos Olímpicos, só participou en 100 m valados e decepcionou xa que non se presentou a disputar as semifinais da proba, debido a un problema físico no tendón de Aquiles.

Última etapa editar

Aínda que moitos prognosticaban a súa retirada, ela continuou adestrándose. Nos mundiais de Edmonton 2001 gañou a medalla de prata nos 100 m valados con 12,54, só superada polo seu compatriota Anjanette Kirkland (12,42).

A comezos de 2003 gañou por primeira vez o título mundial indoor de 60 m valados. Xa no verán, nos mundiais ao aire libre de París, foi 7ª na final dos 100 m lisos, mentres que foi eliminada nas semifinais dos 100 m valados, debido ao tropezo que sufriu cun dos obstáculos. Isto serviu aos seus rivais para recortar a distancia que Devers tiña sobre elas.

A principios de 2004 gañou por terceira vez o título mundial indoor dos 60 m lisos cunha marca de 7,08. Conseguía tamén a prata nos 60 valados cunha marca de 7,83, por detrás de Perdita Felicien (7,75 RC.) Devers lograba así converterse na heroína americana do atletismo. Xa con 37 anos, participou nos seus quintos e últimos Xogos Olímpicos,[1] en Atenas 2004, na proba dos 100 m lisos, sendo eliminada nas semifinais. Tamén participou nos 100 valados, pero non chegou a pasar ningún dos obstáculos porque sufriu unha lesión. Era a segunda atleta dos Estados Unidos que participaba en cinco Xogos Olímpicos, tras Willye White.

Tras non competir durante todo o 2005, todos pensaron que xa se retirara. Porén, retornou de forma sorpresiva a principios de 2006 para participar nos 60 m valados dos Millrose Games de Nova York, onde foi 4ª. Para sorpresa do mundo do atletismo, no ano 2007 reapareceu na 100 edición dos "Millrose Games", impondo a súa forza nos 60 valados e proclamándose campioa. Ademais estabeleceu a que foi no seu momento mellor marca mundial do ano con 7,86, que máis adiante foi superada pola sueca Kallur.

Notas editar

  1. "Gail DEVERS en IAAF.org". iaaf.org. Consultado o 22 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar