Gabriela González

física arxentina

Gabriela González, nada en Córdoba (Arxentina) o 24 de febreiro de 1965, é unha física, investigadora e profesora arxentina.[1] É coñecida maiormente polas súas contribucións na investigación sobre ondas gravitacionais, e por ser a portavoz do proxecto de investigación de ondas gravitacionais LIGO.[2][3][4][5] Ten no seu haber máis de 100 publicacións realizadas sobre o seu campo de estudo.[6] En abril de 2017 recibiu o premio NAS ao descubrimento científico da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[7][8]

Infotaula de personaGabriela González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Córdoba, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLuisiana - Louisiana Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Córdoba
Actividade
Campo de traballoOnda gravitacional, Movemento browniano, física e astronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , profesora , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPennsylvania State University
Universidade do Estado da Luisiana (pt) Traducir, profesora Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJorge Pullin (1997–) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblsu.edu… Editar o valor em Wikidata
TED: gabriela_gonzalez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gabriel é filla de Dora Trembinsky (profesora de Matemáticas) e Pedro González (licenciado en Ciencias Económicas).[9] Realizou os seus estudos primarios na cidade de Córdoba, no Colexio Luterano Concordia. Os estudos secundarios realizounos no Instituto Dr. Manuel Lucero, de Alta Córdoba.[9]

Realizou os estudos superiores na Facultade de Matemática, Astronomía e Física (FAMAF) na Universidade Nacional de Córdoba (UNC) na que se licenciou en 1988.[3][4][10] Sempre estivo vinculada á FAMAF, de feito, foi presidenta do centro de estudantes e sempre mantivo un contacto permanente a nivel científico con ela. Segundo Gabriela, uniuse á familia da física porque cría que esa ciencia podía responder todas as preguntas, pero máis tarde deuse conta que a física non ten unha resposta para todo senón que crea máis preguntas que respostas.

 
González durante unha charla no Planetario Galileo Galilei de Buenos Aires, en xullo de 2018

Posteriormente, asentouse en Estados Unidos para estudar na Universidade de Siracusa (en 1989 baixo a tutela de Peter Sawlson), onde obtivo o seu doutoramento en 1995, e especializouse no MIT, onde logo traballou como investigadora do mesmo xeito que na Universidade Estatal de Pensilvania.[3][10][11][12]

En abril de 2017, exercía como investigadora na Universidade Estatal de Luisiana e era portavoz do grupo de colaboración científica de LIGO (Observatorio de Livingston), e da que foi integrante basicamente dende os seus comezos.[2][13][14] Xunto ao seu grupo de traballo, dedícase á calibración e á mellora dos detectores de ondas.[5] En 2008 converteuse na primeira muller en recibir unha cátedra completa para o seu departamento na universidade.

Publicou varios artigos sobre o movemento browniano como un límite á sensibilidade na detección de ondas gravitacionais, e ten un interese en análise de datos para a astronomía de ondas gravitacionais.[15]

En febreiro de 2016 foi unha dos catro científicos de LIGO que anunciaron a primeira observación ondulatoria gravitacional, detectada en setembro de 2015, os outros tres foron David Reitze, Rainer Weiss e Kip Thorne.[16]

González considera que “a ciencia irá moito mellor cando teñamos tantas mulleres como homes” e cre que iso ocorrerá cando caian os mitos sobre os físicos e os xenios, que afastan ás mulleres da investigación, e se recoñeza que na profesión traballa xente normal con vidas normais.[17]

Achegas científicas editar

O descubrimento máis importante efectuado polo grupo de científicos do laboratorio LIGO liderado por Gabriela é, a data de abril de 2017, a confirmación da existencia das ondas gravitacionais. Con todo, nun principio non se lle concedeu demasiada importancia a este achado, aínda que as probas realizadas con posterioridade acabaron determinando que, efectivamente, atopáronse probas fiables da existencia das ondas gravitacionais.[2][3][18]

Premios e recoñecementos editar

  • 2007ː Premio Edward A. Bouchet[19]
  • 2016ː Premio Domingo Faustino Sarmiento, outorgado polo Senado da Nación Arxentina.[2][20]
  • 2016ː Seleccionada como unha dos científicos máis influentes de 2016 pola revista Nature.[14]
  • 2017: Premio Bruno Rossi[21]
  • 2017: Premio anual da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos ao descubrimento científico, xunto a David Reitze e Peter Saulson.[7][8]

Notas editar

  1. "La doctora en Física Gabriela González, un orgullo para el país y el mundo". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Premiaron a Gabriela González, la cordobesa detrás del hallazgo de ondas gravitacionales". Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Gabriela González: "El descubrimiento merece un Premio Nobel"". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Quién es Gabriela González, la argentina que confirmó la teoría de Einstein". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 "Detectan por segunda vez las ondas gravitacionales que predijo Einstein". Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  6. "List of Peer-reviewed Publications" (PDF). Consultado o 2 de decembro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 "NAS award for cientific discovery". Consultado o 1 de maio de 2017. 
  8. 8,0 8,1 "Una argentina, premiada y aplaudida por la comunidad científica mundial". 30 de abril de 2017. Consultado o 1 de mayo de 2017. 
  9. 9,0 9,1 "La doctora en Física Gabriela González, un orgullo para el país y el mundo | GENTE". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  10. 10,0 10,1 "Gabriela González". Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  11. "Gabriela González". Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  12. "Quién es Gabriela González, la cordobesa que lideró el proyecto sobre ondas gravitacionales". La Voz. 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  13. Louisiana State University (2 de abril de 2013). "CV" (pdf). Consultado o 5 de maio de 2014. 
  14. 14,0 14,1 "Nature’s 10 - Ten people who mattered this year.". Consultado o 23 de decembro de 2016. 
  15. Louisiana State University. "Gabriela González, PhD". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2016. Consultado o 5 de maio de 2014. 
  16. "LIGO announces gravitational-wave detection". Consultado o 23 de decembro de 2016. 
  17. Nuño Domínguez (20 de agosto de 2018). "Entrevista | “La ciencia irá mucho mejor cuando tengamos tantas mujeres como hombres”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  18. "Conferencia Ondas Gravitacionales de la Dra. Gabriela González". 
  19. "Premios y recompensas cientificos / Fisica". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  20. "EL SENADO DISTINGUIÓ CON MENCIÓN DE HONOR A LA CIENTÍFICA GABRIELA GONZÁLEZ". Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  21. "Top high-energy prize awarded to LSU physicist and LIGO scientist Gabriela González".