Daniel Gabriel Fahrenheit

(Redirección desde «Gabriel Fahrenheit»)

Gabriel Fahrenheit, nado en Gdańsk o 24 de maio de 1686 e finado na Haia o 16 de setembro de 1736, foi un físico alemán de quen toma o seu nome a escala Fahrenheit de temperatura.

Daniel Gabriel Fahrenheit
Daniel Fahrenheit
Datos persoais
Nacemento24 de maio de 1686
LugarGdańsk, República das Dúas Nacións
Falecemento16 de setembro de 1736 (50 anos)
LugarA Haia, Países Baixos Austríacos
SoterradoKloosterkerk
NacionalidadeRepública das Dúas Nacións
Actividade
CampoFísica e enxeñaría
Contribucións e premios
Coñecido porCreador da escala Fahrenheit e do termómetro de mercurio
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]
Lugar de nacemento de Fahrenheit.

Autor de numerosos inventos, entre os que caben citar os termómetros de auga (1709) e de mercurio (1714), a achega teórica máis relevante de Fahrenheit foi o deseño da escala termométrica que leva o seu nome, aínda hoxe a máis empregada nos Estados Unidos e ata hai moi pouco tamén no Reino Unido, ata a adopción por este país do sistema métrico decimal.

Biografía editar

Fahrenheit permaneceu a maior parte da súa vida nos Países Baixos. O falecemento dos seus pais, comerciantes acomodados, cando contaba con tan só 15 anos de idade, propiciou o seu traslado a Ámsterdan, para a época un dos centros máis activos da fabricación de instrumentos científicos. Tras unha viaxe de ampliación de estudos por Alemaña e Inglaterra, así como unha estancia en Dinamarca, en cuxa capital coñeceu a Ole Roemer (1708), foi soprador de vidro en Ámsterdan e comezou a construír instrumentos científicos de precisión.

Escalas termométricas de Celsius, Fahrenheit e nadatorio editar

Fahrenheit deseñou unha escala empregando como referencia unha mestura de auga e sal de cloruro de amonio a partes iguais, cuxa temperatura de conxelación é máis baixa ca da auga e a de ebulición máis alta. Os valores de conxelación e ebulición da auga convencional (o 0 e o 100 da escala Celsius) quedaron fixados en 32 °F e 212 °F, respectivamente. En consecuencia, ao abarcar un intervalo máis amplo, a escala Fahrenheit permite maior precisión ca centígrada á hora de delimitar unha temperatura determinada. En concreto, 180 grados Fahrenheit (212-32) corresponden a 100 grados Celsius; é dicir, ambas as dúas escalas están nunha relación de 9 a 5 e o 0 °C correspóndese con 32 °F; polo tanto, a conversión resulta: F=9C/5 32, C=(F-32)5/9

Publicou estes resultados en 1714, en Acta Editorum. Por entón os termómetros empregaban como líquido de referencia o alcohol e, a partir dos coñecementos que adquirira Roemer da expansión térmica dos metais, Fahrenheit puido substituílo ventaxosamente por mercurio a partir de 1716.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar