Geosynchronous Space Situational Awareness Program

(Redirección desde «GSSAP2»)

Geosynchronous Space Situational Awareness Program ou GSSAP, tamén coñecido como Hornet, é un sistema clasificado de satélites de recoñecemento estadounidense.[1][2][1]

Características editar

O sistema foi desenvolvido en segredo pola Forza Aérea e a empresa Orbital Sciences para proporcionar capacidade de recoñecemento cerca da órbita xeoestacionaria. Os satélites GSSAP usan o bus GeoStar-1 e dispoñen de sensores electroópticos cos que recoller información doutros satélites en órbita. Os GSSAP poden manobrar para achegarse ou alonxarse doutros satélites. O primeiro par de satélites GSSAP foi lanzado en 2014 mediante un Delta IV.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
GSSAP 1 28 de xullo de 2014 Delta IV Éxito
GSSAP 2 28 de xullo de 2014 Delta IV Éxito
GSSAP 3 19 de agosto de 2016 Delta IV Éxito
GSSAP 3 19 de agosto de 2016 Delta IV Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "GSSAP" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GSSAP 1, 2, 3, 4, 5, 6 (Hornet 1, 2, 3, 4, 5, 6)" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar