Abrir o menú principal

Fedor Smolov

futbolista ruso
(Redirixido desde "Fyodor Smolov")

Fedor Mikhailovich Smolov (en ruso: Фёдор Михайлович Смолов) nado o 9 de febreiro de 1990 en Saratov, é un futbolista ruso que xoga na demarcación de dianteiro. Xoga no FC Krasnodar e Selección de fútbol de Rusia. Xa xogou polo FC Dinamo Moscova, Feyenoord, Anzhi Makhachkala e Ural.

Smólov
Fedor Smolov 2018.jpg
Información persoal
Nome completo Fiódor Mijáilovich Smólov
Nacemento 9 de febreiro de 1990 (29 anos)
  Saratov
Nacionalidade Rusia
Altura 1.87 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Krasnodar
Número 90
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2015 Dinamo de Moscova 68 (3)
2010Feyenoord (cedido) 11 (0)
2012-2013Anzhi (cedido) 15 (0)
2014Anzhi (cedido) 11 (2)
2014-2015Ural Sverdlovsk (cedido) 22 (8)
2015- Krasnodar 41 (30)
Selección nacional
2012- Rusia 19 (6)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Foi o artilleiro do Campionato Ruso, con 20 goles.

TraxectoriaEditar

Smolov é un graduado da academia de fútbol Master-Saturn Yegoryevsk . En 2007, uníuse ó Dinamo de Moscova. O 14 de xullo de 2010, o club anunciou que Smolov ía unirse ó Feyenoord nun acordo de préstamo dun ano.[1] Retornado da cesión, Smolov comezou na tempada 2011-2012 como xogador do primeiro equipo , pero tras 9 xornadas sen marcar foi limitado a facer substitucións. Así, foi cedido de novo , esta vez para Anzhi Makhachkala - inicialmente para toda temporada 2012-2013,[2] e despois para a segunda parte da 2013-2014.[3]

Cesión no UralEditar

O 1 de setembro de 2014, Smolov foi ó Ural como cedido por unha tempada .[4] Dúas semanas máis tarde, na súa estrea no novo club , marcou un gol contra o Amkar Perm.[5] Xogou un papel importante na tempada, proporcionando 8 goles e 2 asistencias en 22 partidos na Liga ó Ural.

FC KrasnodarEditar

O 2 de xuño de 2015, Smolov asinou un contrato de catro anos con Krasnodar como axente libre.[6] Fixo o seu debut competitivo no seu novo club nunha vitoria fóra por 1-0 contra o Amkar Perm , no seu primeiro partido do campionato, o 20 de xullo de 2015,[7] e marcou o seu primeiro gol nun empate 3-3 contra o Slovan Bratislava na terceira pre rolda da UEFA Europa League o 6 de agosto.[8]

O 10 de abril de 2016, Smolov marcou catro goles na vitoria de 6-0 para o Krasnodar contra o seu club Ural Yekaterinburg.[9] Con 20 goles en 29 partidos , fíxose o maior artilleiro do Russian Premier League na tempada 2015-16, e é o primeiro xogador do Krasnodar que alcanzou este título.

Selección nacionalEditar

Foi convocado para a Selección de fútbol de Rusia, por primeira vez nun partido amigábel contra os Estados Unidos o 14 de novembro de 2012. Fixo a súa estrea e marcou o seu primeiro gol para o equipo nacional durante ese partido.[10]

NotasEditar

  1. "Copia arquivada" СМОЛОВ ОТДАН В АРЕНДУ "ФЕЙЕНООРДУ" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 14 July 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 12 de agosto de 2016. 
  2. Федор СМОЛОВ АРЕНДОВАН "АНЖИ" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 10 July 2012. 
  3. Федор Смолов - в "Анжи" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 29 January 2014. 
  4. ""Урал" взял в аренду Федора Смолова" (en Russian). FC Ural Yekaterinburg. 1 September 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 22 June 2016. 
  5. "Федор Смолов забил первый гол за "Урал" в матче с "Амкаром"" (en Russian). Sverdlovsk Oblast Television. 15 September 2014. Consultado o 22 June 2016. 
  6. "Смолов подписал контракт с "Краснодаром" на четыре года" (en Russian). Championat.com. 2 June 2015. Consultado o 22 June 2016. 
  7. "Выстрел Петрова принес "быкам" 3 очка на старте чемпионата" (en Russian). FC Krasnodar. 20 July 2015. Consultado o 22 June 2016. 
  8. "Смолов забил свой первый гол за "Краснодар"" (en Russian). Championat.com. 6 August 2015. Consultado o 22 June 2016. 
  9. ""Быки" разгромили "шмелей", Смолов оформил "покер"" (en Russian). FC Krasnodar. 10 April 2016. Consultado o 22 June 2016. 
  10. "26 players in the national team" (en Russian). Russian Football Union. 6 November 2012.