Futuro de indicativo

O futuro de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática, por ter un sufixo modo-temporal "" ou "".

O futuro de indicativo é real en canto ó modo e prospectivo a partir dun momento presente.

Valores do futuro de indicativo editar

  • Probabilidade no presente: Coido que non se aviarán.
  • Simple futuridade: Farei o exame agora (neste caso conmutable polo presente de indicativo por mor da presenza do adverbio).
  • Futuridade e obrigatoriedade: Aprenderás a sufrir.
  • Retrospectivo: pode indicar accións do pasado: Castelao morrerá exiliado en 1950
  • Cortesía: en enunciados imperativos pode ter un valor atenuamente: Farasme este favor?
  • Irónico: en contextos coloquiais con valor de negación: Estás moi convencida de conseguilo. Conseguirás
  • Argumentativo: como recurso discursivo nunha argumentación referido ao momento da enunciación: Pensaredes que é un erro, mais vou demostrar que non

Formas editar

andarei varrerei partirei
andarás varrerás partirás
andará varrerá partirá
andaremos varreremos partiremos
andaredes varreredes partiredes
andarán varrerán partirán