O Futsal Cartagena ou Reale Cartagena, por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da cidade de Cartagena, na Rexión de Murcia. Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Reale Cartagena
NomeFutsal Cartagena
Alcume(s)Cartageneros, Albiazules
Fundación1993
EstadioWsell de Guimbarda (La Bombonera)
Cartagena, España España
Capacidade2.500
Presidenteespañol Antonio Mínguez
Adestradorespañol Luis Fonseca
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2010-1113º
VestimentaElements
PatrocinadorReale
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Futsal Cartagena fundouse en 1993, e dende a tempada 1998-99 xoga na máxima categoría do fútbol sala español. A súa mellor tempada foi a 2005-06, cando o equipo chegou á final da División de Honra da LNFS, na que perdeu fronte a ElPozo Murcia.

HistoriaEditar

Creación do Futsal CartagenaEditar

O Fútbol Sala Cartagena comezou a competir en 1993 baixo o nome de Mínguez y Sáez Fútbol Sala. En dous anos conseguiu o ascenso á División de Prata na que, tras unha primeira tempada de proba, comezou a buscar o ascenso á máxima categoría. Na tempada 1996-97 non puido conseguir o ansiado ascenso logo de caer no derradeiro partido ante o Jaén Fútbol Sala, mais na tempada seguinte o Mínguez Sáez proclamouse campión de grupo e ascendeu á División de Honra ao bater o F.S. Móstoles.

No seu debut na máxima categoría o Cartagena certificou a súa permanencia e ao ano seguinte finalizou na novena posición, ficando ás portas dos playoffs polo título. No ano 2000, o club cambiou de patrocinador e converteuse no GMI FS Cartagena durante dúas tempadas, nas que seguiu loitando sen éxito por entrar entre os mellores. Cando a empresa rompeu o seu patrocinio, o Cartagena estivo a piques de desaparecer, mais no último momento o Centro Médico Virgen de la Caridad converteuse no seu patrocinador. O club mantívose na fase de permanencia ante o Levitt Las Rozas.

Polaris World CartagenaEditar

Na tempada 2003-04, a promotora inmobiliaria Polaris World converteuse no patrocinador do Cartagena, baixo a presidencia de Salvador Hernández. Investíronse moitos cartos en xogadores como Manoel Tobías, considerado daquela como a estrela da selección brasileira, e outras figuras como Indio e o adestrador Sito Rivera. O equipo clasificouse para os playoffs en quinta posición e chegou ata as semifinais. Unha tempada despois, o club rematou cuarto na liga regular e correu a mesma sorte nos playoffs, malia as contratacións de Marcelo, Jordi Sánchez, Javier Orol, Jordi Torras e o brasileiro Leandro Simi.

Polaris World realizou a súa mellor tempada en 2005-06, ao finalizar segundo a liga regular. Nos playoffs polo título, o Cartagena superou o Playas de Castellón FS e o Boomerang Interviú, chegando ata a final polo título, onde caeu fronte ao ElPozo Murcia. En todo ese tempo destacaron os brasileiros Ciço, Lenísio (máximo goleador do club) e Balo. Na tempada 2006-07, o club finalizou segundo, mais caeu en semifinais polo título.

Etapa actualEditar

Logo de catro anos de colaboración, Polaris World anunciou o 12 de xuño do 2007 que retiraba o seu patrocinio ante a falta de resultados. A entidade rescindiu o contrato de tódolos seus xogadores e o equipo estivo novamente a piques de desaparecer. O primeiro presidente, Antonio Mínguez, regresou ao cargo e o club buscou de xeito desesperado un patrocinador. Meses despois, a empresa Muebles Tuco converteuse no seu patrocinador e o club tivo que refacerse por completo con xogadores como Jordi Gay e Marcelo Serpa. Con menos cartos que en anteriores ocasións, o equipo finalizou en duodécimo lugar e a empresa de mobles retirou o seu patrocinio ao final da tempada.

Novamente sen apoios económicos, a construtora Peinsa asinou un acordo de patrocinio no verán do 2008. Mais a mediados da tempada 2008-09, Peinsa suspendeu pagamentos e non afrontou os seus compromisos económicos, polo que os xogadores non podían cobrar as súas nóminas. Ao final, en febreiro do 2009, o Centro Médico Virgen de la Caridad volveu converterse no patrocinador ata o final da tempada.[1] A pesar das dificultades, o Cartagena certificou a permanencia.

Dende a tempada 2009-2010, o Cartagena está patrocinado pola aseguradora Reale Seguros, polo que a entidade cambiou o seu nome por Reale Futsal Cartagena. Neste tempo destacaron os xogadores Sergio Lozano e Fabián Robledo, convocados pola Selección de fútbol sala de España.

Na tempada 2010-2011 continuou o patrocinio da aseguradora Reale. Malia iso, o club sufriu dificultades económicas que o levaron mesmo ao impagamento dalgunhas nóminas debido a que as subvencións públicas do concello e da comununidade autónoma non chegaban. Ao finalizar a primeira volta o club estaba situado en posicións de descenso. Coas incorporacións de Beto, Yoni e Bebe no mercado de inverno, o club experimentou unha remontada espectacular, gañándose partidos como o 10-9 a ElPozo Murcia en La Bombonera. O club chegou ata a derradeira xornada xogándose a permanencia fronte ao Playas de Castellón, fóra de casa, nun partido no que o equipo rival tamén se xogaba continuar en División de Honra. Finalmente o partido finalizaba 2-4, consumándose a salvación do Cartagena.

Cadro de xogadores da tempada 2010-11Editar

Posto País Xogador
1 Porteiro   Molina
2 Á   Carrasco
3 Peche   Bebe
4 Peche   Fabián
6 Á   Luis Jara
7 Peche   Palomeque
8 Pivote   Pizarro
Posto País Xogador
9 Pivote   Messias
10 Peche   Cobeta
11 Á   Pedreño
12 Porteiro   Fabio
13 Pivote   Yoni
18 Peche   Charly Maza
19 Pivote   Beto

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar