Pardela furabuchos

(Redirección desde «Furabochos atlántico»)
Pardela furabochos

Puffinus puffinus (esquerda)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Puffinus
Especie: P. puffinus
Nome binomial
Puffinus puffinus
(Brünnich, 1764)

A pardela furabuchos[2][3] ou furabuchos atlántico[4][5] (Puffinus puffinus) é unha ave da orde das procelariformes pertencente á familia Procellariidae proia do océano Atlántico.

O ovo.

É unha ave mariña de lombo negro e partes inferiores brancas, voa a baixa altura sobre o mar, con planeos rápidos e ladeados, alternando con rápidos aleteos.

Alimentación editar

Aliméntase na superficie ou mergullándose a pouca profundidade, de pequenos peixes, luras, crustáceos e lixo dos barcos pesqueiros.

Anidación editar

Anida en colonias en illas montañosas a pouca distancia do litoral, e só visita o seu niño de noite, no medio dun coro de voces cacarexantes.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Puffinus puffinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  4. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 
  5. "furabuchos atlántico". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024.