Funcións da descrición

Segundo Phillippe Hamon entre as funcións que pode desenvolver a descrición destaca, sobre todo, a función informativa.

Pode estar presente ademais unha función simbólica: A través da expresión, do aspecto das persoas, lugares e cousas é normal establecer unha relación simbólica entre o espazo en que circulan os personaxes e o seu carácter ou estado anímico nun momento determinado.

Outra función é a creación de anticlímax, de pausas no devir dos acontecementos, no fluxo narrativo: A descrición como contrapunto artificioso da narración que a miúdo facilita o lucimento do virtuosismo lingüístico do escritor (función estilística).

Función indicial, dependendo do contexto: as descricións fúndense con accións concretas desenvolvendo este labor.

Véxase taménEditar