Fulepa das xunqueiras

Fulepa das xunqueiras
Acrocephalus schoenobaenus

Fulepa das xunqueiras pousada nunha póla.


Son da fulepa das xunqueiras.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. schoenobaenus
Nome binomial
Acrocephalus schoenobaenus
(Linnaeus, 1758)

A fulepa das xunqueiras,[2] Acrocephalus schoenobaenus (Linnaeus, 1758), é unha ave paseriforme da superfamilia dos silvioideos e familia dos acrocefálidos.[3]

Descrición editar

Miden uns 13 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 17 e 21 cm. Os adultos pesan entre 10 e 15 g. A parte superior é castaña agrisada con marcas escuras, a inferior é amarelada. Teñen a gorxa abrancazada. Na cabeza amosa un "pucho" negro e ten unha marca superciliar ou cella de cor gris clara. A coloración dos dous sexos é semellante. O bico é aguzado.

Distribución e hábitat editar

Cría en Europa e no leste e centro de Asia. É unha ave migratoria de longa distancia. Os exemplares europeos, presentes no continente entre abril e outubro, pasan o inverno ó sur do Sáhara, unha viaxe de ata 6.000 km para a que deben acumular boas reservas de graxa.

O seu hábitat son as xunqueiras e a vexetación mesta das beiras de ríos, lagos, pantanos e outras zonas acuáticas.

Alimentación editar

Aliméntanse de insectos, arañas, pequenos invertebrados e bagas.

Reprodución editar

 
Acrocephalus schoenobaenus

Maduran sexualmente ó ano de vida. En Europa a forza da estación de cría sitúase entre maio e xullo. As femias fan un niño recuberto de follas e herbas entre a vexetación mesta, a pouca altura sobre da auga. Nel poñen entre 4 e 6 ovos averdesados con manchas amarelas e agrisadas, que chocan unhas dúas semanas. Os polos están en condicións para voar cando teñen 10 ou 12 días.

Nome vulgar noutras linguas editar

  • Alemán: Schilfrohrsänger
  • Danés: Sivsanger
  • Finés: Ruokokerttunen
  • Francés: Phragmite des joncs
  • Inglés: Sedge Warbler
  • Italiano: Forapaglie
  • Neerlandés: Rietzanger
  • Sueco:Sävsångare

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar