Fugees

grupo musical estadounidense

Fugees (tamés escrito como The Fugees) foi un grupo estadounidense de hip hop, R&B, soul e reggae, formado en West Orange (Nova Jersey) en 1989. Os seus membros eran Wyclef Jean, Lauryn Hill e Pras Michel. Tanto Jean como Michel teñen ascendencia haitiana, mentres que Hill é afroestadounidense. O nome do grupo procede da palabra inglesa ''refugee'' (refuxiado).

Fugees
WyclefJean.jpg
OrixeWest Orenge, Nova Jersey, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1989 - 1997
2004 - 2007
Xénero(s)Hip hop, R&B, soul e reggae
Selo(s) discográfico(s)Ruffhouse Records
Columbia Records
MembrosWyclef Jean
Lauryn Hill
Pras Michel
Páxina webthefugees.com

Publicaron dous discos, o primeiro, The Score, foi multiplatino e gañador de dous premios Grammy: ao Mellor álbum de rap e á Mellor interpretación R&B en dúo ou en grupo, este último pola canción Killing Me Soflty with His Song.[1] Despois do seu segundo traballo en 1997, cada un dos seus compoñentes iniciou carreiras en solitario.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbums en directoEditar

  • Live at New Pop Festival (2003)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar