Froyla Tzalam

política belizense

Froyla Tzalam, nada en San Antonio, Distrito de Toledo, é unha antropóloga e líder comunitaria belizense, da etnia mopán, gobernadora xeral de Belize dende o 27 de maio de 2021.

Infotaula de personaFroyla Tzalam

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
San Antonio Editar o valor em Wikidata
Gobernador Xeral de Belize
27 de maio de 2021 –
← Colville Young Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelize Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sussex
Universidade Trinity Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Mendez
Premios

Traxectoria editar

Naceu en San Antonio, Toledo. Estudou antropoloxía na Universidade Trinity de Texas e realizou un mestrado en desenvolvemento rural na Universidade de Sussex.[1] Foi directora executiva do Sarstoon Temash Institute for Indigenous Management (SATIIM).[2] Tzalam foi preseleccionada para un nomeamento ao Senado de Belize en xaneiro de 2017, pero rexeitou o nomeamento para centrarse no seu traballo no SATIIM.[3]

O 22 de abril de 2021 o primeiro ministro de Belize, Johnny Briceño, nomeouna Gobernadora Xeral de Belize trala retirada de Colville Young.[4] É a terceira gobernadora xeral e a segunda muller designada para o posto, así como a primeira gobernadora xeral indíxena americana da Commonwealth.

Notas editar

  1. "froyla tzalam". namati.org (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  2. "Ms. Froyla Tzalam – Executive Director". satiim.org (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  3. "SATIIM’s Froyla Tzalam Explains Decision to Decline Nomination" (en inglés). 6 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  4. "PM Confirms Nomination of Froyla Tzalam as the next Governor General" (en inglés). 22 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021.