Fritz the Cat (filme)
Fritz the Cat é unha película estadounidense animada de 1972 escrita e dirixida por Ralph Bakshi, o seu filme debut. Baseado na tira cómica do mesmo nome de Robert Crumb, o filme foi a primeira animación en recibir a clasificación X nos Estados Unidos. Relata as aventuras de Fritz (coa voz de Skip Hinnant), un felino antropomorfo de mediados dos sesenta en Nova York que explora o hedonismo e o coñecemento sociopolítico. É unha sátira da vida universitaria da época, das relación raciais, do movemento do amor libre e da política da esquerda e da dereita. Fritz the Cat é o maior éxito do cinema animado independente de todos os tempos, que recadou arredor de cen millóns de dólares por todo o mundo.[1]
Fritz the Cat | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fritz the Cat |
Director | Ralph Bakshi |
Produtor | Steve Krantz |
Guión | Ralph Bakshi |
Baseado en | Fritz the Cat de Robert Crumb |
Intérpretes | Skip Hinnant Rosetta LeNoire |
Música | Ed Bogas Ray Shanklin |
Fotografía | Ted Bemiller Gene Borghi |
Montaxe | Renn Reynolds |
Estudio | Aurica Finance Company Black Ink Fritz Productions Steve Krantz Productions |
Distribuidora | Cinemation Industries |
Estrea | 1972 |
Duración | 78 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, comedia |
Orzamento | $850.000 |
Filme seguinte | The Nine Lives of Fritz the Cat |
Na rede | |
O filme tivo unha produción problemática e unha controvertida estrea. Crumb estivo en desacordo cos realizadores sobre o contido político do filme.[2][3][4] Fritz the Cat foi controvertido pola súa clasificación X e polo seu contido, que moitos encontraron ofensivo para o seu tempo. O seu éxito axudou para facer outras moitas películas animadas irreverentes, así como unha secuela, The Nine Lives of Fritz the Cat, aínda que sen a implicación de Crumb e Bakshi.
Notas
editar- ↑ Gibson, Jon M.; McDonnell, Chris (2008). "Fritz the Cat". En Universe Publishing. Unfiltered: The Complete Ralph Bakshi. pp. 58. ISBN 0-7893-1684-6.
- ↑ Maremaa, Thomas (2004 (1972)). "Who Is This Crumb?". En D. K., Holm. R. Crumb: Conversations. Univ. Press of Mississippi. p. 28. ISBN 1-57806-637-9.
- ↑ Barrier, Michael (1972). "The Filming of Fritz the Cat: Crumb, His Cat, and the Dotted Line". Funnyworld. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
- ↑ Barrier, Michael (1973). "The Filming of Fritz the Cat: A Strange Breed of Cat". Funnyworld. Consultado o 25 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fritz the Cat Arquivado 13 de xuño de 2011 en Wayback Machine. na páxina oficial de Ralph Bakshi.