F. W. Murnau
Friedrich Wilhelm "F. W." Murnau, nado como Friedrich Wilhelm Plumpe en Bielefeld o 23 de decembro de 1888 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de marzo de 1931, foi un dos máis influentes directores de cine alemáns da era do cine mudo, e unha prominente figura do expresionismo durante os anos 1920. Murnau foi amplamente influído polas obras de Schopenhauer, Nietzsche, Shakespeare e Ibsen. Murnau tamén serviu como comandante dunha compañía na fronte do leste durante a primeira guerra mundial.
F. W. Murnau | |
---|---|
Nome completo | Friedrich Wilhelm Plumpe |
Nacemento | 28 de decembro de 1888 |
Lugar | Bielefeld |
Falecemento | 11 de marzo de 1931 |
Lugar | Santa Bárbara |
Causa | accidente de tráfico |
Soterrado | Südwestkirchhof Stahnsdorf |
Nacionalidade | Alemaña |
Educado en | Universidade de Heidelberg e Ernst Busch Academy of Dramatic Arts |
Profesión | director de cinema, guionista, produtor de cinema e realizador |
Na rede | |
http://www.filmmuseum-berlin.de/fwmurnau/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O traballo máis coñecido de Murnau é o seu filme de 1922 Nosferatu, unha adaptación do Drácula de Bram Stoker. Malia non ter éxito comercial debido ós problemas cos dereitos de autor da novela de Stoker, o filme foi considerado unha obra mestra do expresionismo. Tamén é coñecido polo seu traballo no filme de 1924 Der letzte Mann e a súa interpretación do Fausto de Goethe (1926). Emigrou a Hollywood en 1926, onde se uniu a Fox Studio e fixo outros tres filmes, Sunrise: A Song of Two Humans (1927), 4 Devils (1928) e City Girl (1930).
Filmografía editar
- Der Knabe in Blau (1919)
- Satanas (1920)
- Der Bucklige und die Tänzerin (1920)
- Der Janus-Kopf (1920)
- Abend – Nacht – Morgen (1920)
- Sehnsucht (1921)
- Der Gang in die Nacht (1921)
- Schloß Vogelöd (1921)
- Marizza, genannt die Schmuggler-Madonna (1922)
- Der brennende Acker (1922)
- Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (1922)
- Phantom (1922)
- Die Austreibung (1923)
- Die Finanzen des Großherzogs (1924)
- Der letzte Mann (1924)
- Herr Tartüff (Tartuffe, 1925)
- Faust – Eine deutsche Volkssage (1926)
- Sunrise: A Song of Two Humans (1927)
- 4 Devils (1928)
- City Girl / Our Daily Bread (1930)
- Tabu (1931)
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha na IMDb (en inglés)