Friedrich Wilhelm Cloos

enxeñeiro alemán

Friedrich Wilhelm Cloos, coñecido como Guillermo Cloos, finado en Monforte de Lemos o 22 de setembro de 1949,[1][2], foi un enxeñeiro alemán.

Infotaula de personaFriedrich Wilhelm Cloos
Biografía
NacementoImperio Alemán Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixiu os traballos mineiros nos montes Silvarosa e Choupin (Viveiro) en 1899.[3] Enxeñeiro xefe da Compañía General Minera de Galicia que nos anos vinte puxo en marcha Minerales de Hierro de Galicia, empresa que explotaba ferro e volframio para a sociedade SOFINDUS. Instalouse en Monforte de Lemos para ocuparse da xerencia das minas de Freixo, na parroquia de Marcelle e explotadas por Minerales de Hierro de Galicia. Entre 1924 e 1925 encargouse de poñer en funcionamento un funicular para o transporte do mineral desde a explotación á estación de ferrocarril de Canaval, desde onde o levaban ao cargadoiro de Rande. Casou en Monforte de Lemos, onde foi vicecónsul de Alemaña.[4]

Recoñecementos editar

Cabaleiro da Orde de Isabel A Católica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar