Friedrich Reinhold Kreutzwald
Friedrich Reinhold Kreutzwald, nado en Jömper/Jõepere (preto de Sankt Katharinen/Kadrina, Condado de Lääne-Viru) o 26 de decembro de 1803 e finado en Tartu o 25 de agosto de 1882, foi un escritor e médico estoniano autor do poema épico Kalevipoeg (O fillo de Kalev), primeiro libro en lingua estoniana.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1803 ![]() manor de Jõepere, Estonia ![]() |
Morte | 25 de agosto de 1882 ![]() Tartu, Estonia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Raadi ![]() |
Grupo étnico | Pobo estoniano ![]() |
Educación | Universidade Imperial de Dorpat ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, escritor, recompilador de contos fantásticos, médico escritor, poeta, escritor de literatura infantil, médico ![]() |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Lexikon der deutschsprachigen Literatur des Baltikums und St. Petersburgs, (p.757-761) Dicionario Biográfico Ruso ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarDe orixes humildes, licenciouse en medicina na Universidade de Tartu en 1833, e practicou a profesión de médico en Võru, no sur de Estonia, entre 1833 e 1877.
Paralelamente, foi autor de diversas obras literarias, principalmente de contos populares e poemas. Foi membro da Sociedade Estoniana de Intelectuais fundada en 1838. Esta sociedade, que operaba dende a Universidade de Tartu foi unha grande promotora e defensora da cultura vernácula de Estonia.