Friedrich Herlin

pintor alemán

Friedrich Herlin (nado ca. 1430 en Nördlingen, morto ca. 1500) foi un pintor alemán do final da Idade Media, ás veces é citado como Fritz Herlin.

Friedrich Herlin
Nacemento1435 e 1425
Lugar de nacementoNördlingen
Falecemento1500 e 1499
Lugar de falecementoNördlingen
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]
Os peregrinos de Compostela, no retablo de Rothenburg ob der Tauber

Obra editar

Herlin exerceu a súa actividade especialmente en Rothenburg ob der Tauber, onde se pode admirar a súa obra mestra, o "retablo dos doce apóstolos", erguido sobre do altar maior da igrexa de St. Jakob (Santiago) (1466). Da súa autoría é tamén un retablo sobre a vida de Cristo e a Adoración dos Magos en Bopfingen (1472) e mais un tríptico no que se representa a Virxe Nai co Neno, san Lucas e santa Margarida, en Nördlingen (1488). Todas estas obras levan a súa sinatura.

Caracteres pictóricos editar

Herlin móstrasenos na actualidade como o sucesor de Rogier van der Weyden, mais o seu estilo non chega a un modo de expresión totalmente persoal. Non temos certeza algunha de que Herlin traballase nos Países Baixos, mais probabelmente seguiu unha aprendizado semellante aos de Martin Schöngauer e Hans Holbein o Vello, que se formaron na escola de Der Weyden. O retabuo de Rothenburg mostra grupos e figuras, movementos e roupaxes que semellan copiados dos de Van der Weyden ou de discípulos de Hans Memling. A Virxe de 1488 presenta características que son inexplicábeis sen contactos con pintores contemporáneos da Suabia.

Herlin carece do xenio de Schöngauer, non ten a delicadeza dos discípulos de Quentin Metsys, mais sen dúbida contribuíu ao desenvolvemento da arte en Suabia.

Galería editar