Freixido
parroquia eclesiástica do arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Freixido.
Igrexa parroquial, na aldea da Caseta | |
Freixido | |
---|---|
Diocese: | Astorga |
Arciprestado: | A Rúa de Valdeorras |
Área: | - km² |
Poboación: | 140 hab. (2014) |
Densidade: | - hab./km² |
Entidades de poboación: | 4 |
O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga, e que ten os seus terreos e as súas vivendas repartidas entre dous concellos, o de Petín e o de Larouco. Segundo o padrón municipal (datos do INE) en 2014 a parroquia tiña 140 habitantes (61 homes e 79 mulleres), 34 menos ca en 1999.
A Larouco pertencen os lugares da Caseta e Freixido, mentres que son de Petín as poboacións de Casasola e Freixido de Abaixo.