Freiriñas das Maternidades Católicas

As Freiriñas das Maternidades Católicas son unha pequena congregación católica feminina francesa. O seu labor está relacionado co mantemento de maternidades.

A orde foi fundada en 1933 en Bourgoin-Jallieu, polo arcebispo de Cambrai Émile Guerry e pola monxa Marie Jean-Baptiste Lantelme. Recibiu o dereito pontifical en 1982, de mans do papa Xoán Paulo II. Na actualidade teñen a propiedade de cinco maternidades, catro delas en Francia e unha máis no Senegal.

A esta orde pertence a monxa Marie Simon-Pierre, supostamente curada de párquinson por un defunto papa Xoán Paulo II.

Ligazón externa editar