Manuel de Villarroel

(Redirección desde «Frei Manuel de Villarroel»)

Frei Manuel de Villarroel, nado en Valladolid o 8 de decembro de 1661 e finado o 19 de abril de 1731, foi un monxe español.[1]

Infotaula de personaManuel de Villarroel
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1661 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 1731 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 157512
Emmanuelis de Villarroel Pintiani. Tautologias tomvs primvs. Typ. Emmanvelis Rviz de Mvrga 1704.

Traxectoria

editar

Frei Manuel colleu os hábitos beneditinos no mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Lugo, alí pasou a maior parte da súa vida e realizou importantes obras en diferentes partes do edificio.[1]

Foi escollido predicador xeral, en 1688, catedrático de Sagrada Escritura en Salamanca, e tamén foi abade de Lourenzá dúas veces, entre 1709 e 1713, e entre 1721 e 1725.[1]

Posteriormente foi elixido bispo de Porto Rico.[1]

Foi famoso pola profundidade dos seus coñecementos clásicos e polo seu carácter polifacético en diferentes campos. A súa produción literaria foi moi ampla, e publicou as seguintes obras[1]:

  • Scena sacra de varias oraciones panegyricas (Madrid, 1702).[1]
  • Práctica de la regla de nuestro padre San Benito (Madrid, 1705).[1]
  • Tautologias (Madrid, 1703-29), oito volumes, escritos en latín.[1]
  • Ephemerides sacrae et prophanae, thesaurus temporum in quatuor tempora. Hyems (Madrid, 1730). Esta obra ía conter catro tomos pero só puido publicar dous, o segundo deles publicado xa postumamente.[1]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Monterroso Carril, Fernando. "Villarroel, Frei Manuel de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Monterroso Carril, Fernando (1985). "Fray Manuel de Villarroel, monje de San Salvador de Villanueva de Lorenzana, diócesis de Mondoñedo, escritor, abad y obispo electo de Puerto Rico (I)". Estudios Mindonienses (1): 285–325. ISSN 0213-4357. 
  • ——— (1987). "Fray Manuel de Villarroel, erudición clásica (II)". Estudios Mindonienses (3): 329–354. ISSN 0213-4357. 
  • ——— (1989). "La erudición de Manuel de Villarroel, latinista de principios del siglo XVIII". Actas del VII Congreso Español de Estudios Clásicos 3. pp. 591–598. ISBN 84-7491-261-X.