Freaky Friday (filme de 2003)
Freaky Friday é un filme estadounidense dirixido por Mark Waters e protagonizado por Jamie Lee Curtis e Lindsay Lohan, que se estreou no 2003. Remake do filme homónimo protagonizado en 1976 por Barbara Harris e Jodie Foster.
Freaky Friday | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Freaky Friday |
Director | Mark Waters |
Produtor | Andrew Gunn Mario Iscovich Ann Marie Sanderlin |
Guión | Heather Hach Leslie Dixon |
Baseado en | Freaky Friday de Mary Rodgers |
Intérpretes | Jamie Lee Curtis Lindsay Lohan Mark Harmon Harold Gould Chad Michael Murray Stephen Tobolowsky Christina Vidal Ryan Malgarini |
Música | Rolfe Kent |
Fotografía | Oliver Wood |
Montaxe | Bruce Green |
Estudio | Walt Disney Pictures |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 2003 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $20 000 000[1] |
Recadación | $160 800 000 |
Na rede | |
https://movies.disney.com/freaky-friday-2003 | |
Sinopse
editarA doutora Tess Coleman (Jamie Lee Curtis) e Anna, a súa filla de quince anos, (Lindsay Lohan) non coinciden en case nada. Os seus gustos difiren na roupa, no cabelo, na música e, sobre todo, en canto ós homes. Un día as súas diferenzas acadan o seu maior nivel: Anna non entende por que a súa nai non apoia as súas aspiracións musicais, mentres que Tess, unha viúva a punto de casar de novo, pregúntase por que a súa filla non é máis amábel co seu prometido (Mark Harmon). Pero, inesperadamente, dúas galletiñas chinesas da Fortuna provocan un gran cambio nas súas vidas. Á mañá seguinte, Tess e Anna atópanse cos seus corpos intercambiados. Pouco a pouco, comezan a comprender o punto de vista da outra, pero tamén teñen que atopar o xeito máis rápido de volver ó seu propio ser porque a voda de Tess celébrase ese mesmo sábado.
Personaxes
editar- Jamie Lee Curtis como Tess Coleman/Anna Coleman
- Lindsay Lohan como Anna Coleman/Tess Coleman
- Mark Harmon como Ryan
- Harold Gould como Avó
- Chad Michael Murray como Jake
- Stephen Tobolowsky como Mr. Bates
- Christina Vidal como Maddie
- Ryan Malgarini como Harry Coleman
- Haley Hudson como Peg
- Rosalind Chao como Pei-Pei
- Lucille Soong como Nai de Pei-Pei
- Willie Garson como Evan
- Dina Waters como Dottie Robertson
- Julie Gonzalo como Stacey Hinkhouse
- Cayden Boyd como Amigo de Harry
- Dina Lohan como Muller bailando na voda
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)