Freak Out! é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock The Mothers of Invention, publicado o 27 de xuño de 1966 a través do selo Verve Records. A miúdo citado como un dos primeiros álbums conceptuais da música rock, é unha expresión satírica da percepción do líder Frank Zappa da cultura pop estadounidense e a nacente escena freak dos Ánxeles. Tamén foi un dos primeiros dobres álbums na música rock, así como o primeiro álbum de estrea dobre. No Reino Unido o traballo foi lanzado orixinalmente como un único disco editado.

Freak Out!
Álbum de The Mothers of Invention
Publicado27 de xuño de 1966
Gravaciónmarzo de 1966
Estudio(s)TTG Studios, Hollywood
Duración60:55
Xénero(s)rock experimental
Selo(s)Verve Records
Producido porTom Wilson
Cronoloxía
- Freak Out! Absolutely Free
(1967)

O álbum foi producido por Tom Wilson, que fichara a The Mothers, anteriormente unha banda de bar chamada The Soul Giants. Zappa dixo moitos anos despois que Wilson asinou co grupo un contrato pensando que eran unha banda de blues branco. O álbum conta con Zappa nas voces e na guitarra, xunto co vocalista principal e pandereteiro Ray Collins, o baixista e vocalista Roy Estrada, o batería e vocalista Jimmy Carl Black e o guitarrista Elliot Ingber (despois en Captain Beefheart's Magic Band, actuando alí baixo o seudónimo de "Winged Eel Fingerling").[1][2]

O repertorio orixinal da banda consistía en versións de rhythm and blues, pero despois de que Zappa se unise animounos a tocar material orixinal propio, cambiando o seu nome a The Mothers. O contido musical de Freak Out! vai dende o rhythm and blues, o doo-wop,[3] e o rock influenciado polo blues estándar ata aranxos orquestrais e colaxes de sons de vangarda. Aínda que o álbum foi inicialmente non moi ben recibido nos Estados Unidos, foi un éxito en Europa. O disco converteuse nun traballo de culto nos Estados Unidos, onde continuou vendéndose en cantidades considerables ata que quedou descatalogado a principios dos 70.

En 1999 o álbum recibiu o Grammy Hall of Fame Award, e en 2003 Rolling Stone incluíuno no número 246 da súa lista dos "500 mellores álbums da historia".[4] En 2006 publicouse polo seu 40 aniversario The MOFO Project/Object, un documental de son sobre a realización do álbum.[5]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Frank Zappa agás "Go Cry on Somebody Else's Shoulder", por Zappa e Ray Collins

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Hungry Freaks, Daddy"   3:32
2. "I Ain't Got No Heart"   2:34
3. "Who Are the Brain Police?"   3:25
4. "Go Cry on Somebody Else's Shoulder[6]"   3:43
5. "Motherly Love"   2:50
6. "How Could I Be Such a Fool"   2:16
18:20
Cara 2
N.º Título Duración
7. "Wowie Zowie"   2:55
8. "You Didn't Try to Call Me"   3:21
9. "Any Way the Wind Blows"   2:55
10. "I'm Not Satisfied"   2:41
11. "You're Probably Wondering Why I'm Here"   3:41
15:33
Cara 3
N.º Título Duración
12. "Trouble Every Day"   5:53
13. "Help, I'm a Rock (Suite in Three Movements)
  • I. Okay to Tap Dance
  • II. In Memoriam, Edgard Varèse
  • III. It Can't Happen Here"  
8:37
Cara 4
N.º Título Duración
14. "The Return of the Son of Monster Magnet (Unfinished Ballet in Two Tableaux)
  • I. Ritual Dance of the Child-Killer
  • II. Nullis Pretii (No Commercial Potential)"  
12:22

Nas reedicións en CD de 1995 e 2012, "Help, I'm a Rock" está acreditada como dous temas: "Help, I'm a Rock" (4:43) e "It Can't Happen Here" (3:57). Na etiqueta da cara 3 das copias do vinilo orixinal, "Trouble Every Day" está listada como "Trouble Comin' Every Day".

Notas editar

  1. "elliot ingber". www.united-mutations.com. Consultado o 2022-12-12. 
  2. "FZ Musicians & Collaborators H-L". globalia.net. Consultado o 2022-12-12. 
  3. Gilliland, John (Unknown). "Show 14 - Big Rock Candy Mountain: Rock 'n' roll in the late fifties. [Part 4]". UNT Digital Library (en English). Consultado o 2022-12-13. 
  4. "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2009-05-31. Consultado o 2022-12-13. 
  5. "Frank Zappa - The MOFO Project / Object" (en inglés). Consultado o 2022-12-13. 
  6. Gilliland, John (1969). "Show 14 – Big Rock Candy Mountain: Phil Spector & Frank Zappa review the '50s" (audio). Pop Chronicles. University of North Texas Libraries.