Fraternidad Muprespa

Fraternidad-Muprespa é unha Mutua de Accidentes de Traballo e enfermidades Profesionais española, recoñecida pola Seguridade Social co número 275.

Historia editar

A Mutua Fraternidad-Muprespa xorde como resultado da fusión das Mutuas La Fraternidad (núm. 166), e Muprespa-Mupag-Previsión (núm. 269), realizada o 31 de decembro de 1998.

La Fraternidad fora fundada en 1929 en Bilbao por Escolástico Zaldívar. Nos seus comezos xordeu como unha asociación de estrutura familiar cuxo principal obxectivo consistía en colaborar co sistema da Seguridade Social na xestión dos accidentes de traballo e nas enfermidades profesionais.

Na década dos 80 e inicios dos 90 Fraternidade absorbe máis de 14 Mutuas, destacando:

  • Mutua Almanseña (núm. 65).
  • Mutua Rural (núm. 222).
  • Mutua General Industrial y Agrícola (núm. 123).
  • Seguridad Mutua (núm. 93).
  • Mutua de Empresas Mineras e Industriales (núm. 127).

Muprespa, naceu en 1990, comezando a súa actividade principalmente no sector público, xestionando unha gran parte das empresas pertencentes ao Instituto Nacional de Industria, antigo INI. En 1996 fusiónase coa Mutua Mupag-Previsión para aumentar a súa carteira de mutualistas. En 1998 os órganos directivos da empresa apostan pola fusión con La Fraternidad, constituíndo Fraternidad-Muprespa.

Finalmente en 2006 prodúcese unha división da empresa ao ser necesario por Lei, que a parte dedicada á Prevención de Riscos Laborais e a Vixilancia da Saúde, formen unha Sociedade diferenciada da mutua de accidentes laborais e enfermidades profesionais. Nese momento nace a Sociedade de Prevención de Fraternidad Muprespa.

Cifras e datos editar

Actualmente Fraternidad Muprespa protexe 1,4 millóns de traballadores e dá servizo a 309.475 compañías.

Informe económico ano 2007 editar

  • Ingresos 1066,26 millóns de euros.
  • Gastos 887,58 millóns de euros.
  • Reservas de xestión por enriba dos 500 millóns de euros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar