Franschhoek (en holandés: "Recuncho francés") é unha pequena cidade da Provincia Western Cape e unha das cidades máis antigas de Suráfrica.

Modelo:Xeografía políticaFranschhoek
Imaxe

Localización
Mapa
 33°55′S 19°08′L / -33.92, 19.13Coordenadas: 33°55′S 19°08′L / -33.92, 19.13
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirCabo Occidental
Distritos municipais da África (pt) TraducirCape Winelands District Municipality (en) Traducir
Municípios locais da África (pt) TraducirStellenbosch Local Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie7,05 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude273 m Editar o valor em Wikidata
Creación1688 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7690 e 7690 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico021 Editar o valor em Wikidata

Páxina webfranschhoekweb.co.za Editar o valor em Wikidata
Val do Franschhoek

Historia editar

Este val de Suráfrica foi establecido orixinalmente en 1688 polos refuxiados hugonotes franceses, a moitos deles foron dadas terras polo goberno holandés nun val chamado Olifantshoek (recuncho dos elefantes), nomeado deste xeito polas grandes mandas de elefantes que viviron na zona.

O nome axiña mudou a Franschhoek, xa que moitos dos colonos nomeaban as súas novas granxas con nomes das áreas das que chegaron. La Motte, La Cotte, Cabrière, Provence, Chamoix, Dieu Donné e La Dauphine estaban entre algunhas das primeiras granxas (moitas aínda conservan as súas casas orixinais a día de hoxe).

A herdanza hugonote presérvase hoxe co monumento hugonote que foi posto na entrada do pobo. A arquitectura holandesa non foi agredida, foron establecidas restricións a quen quixese facer restauracións ou novas construcións, para conservaren o espírito dos colonos orixinais da zona.

Desenvolvemento editar

A vila comezou a experimentar un pulo desde os anos 90, e con isto medraron os prezos das propiedades. O tempo ideal de verán, os cumios nevados de inverno e a proximidade de Cape Town fixeron de Franschhoek unha das rexións resindenciais máis solicitadas de Suráfrica. A construción da escola privada tamén trouxo moitos habitantes á vila.

Franschhoek é famosa por ter algúns dos restaurantes de maior clase do país. Este feito, así como a cultura do viño e a beleza natural e arquitectónica fixeron de Franschhoek o que moitos coñecen como a 'capital da comida e do viño' de Suráfrica. As características de Franschhoek convertérono nun destino turístico popular.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar