Francisco de Federico Martínez
Francisco de Federico Martínez, nado en Madrid o 15 de abril de 1846 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 1910[1], foi un enxeñeiro e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Federico y Martínez 15 de abril de 1846 Madrid, España |
Morte | 1910 (63/64 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro de camiños |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Familia | |
Fillos | Francisco de Federico Riestra |
Traxectoria
editarTrasladouse a Pontevedra en 1886 para facer o estudo dun porto entre Pontevedra e Marín. Apadriñado polo marqués de Riestra e o marqués de la Vega de Armijo iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1893. Volveu ser elixido deputado polo distrito da Estrada en 1896. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido por Redondela, escano que volveu obter nas sucesivas convocatorias electorais que se celebraron ata 1910. Foi ministro de Fomento entre o 4 de decembro de 1906 e o 25 de xaneiro de 1907 nun un goberno presidido por Antonio Aguilar Correa.
Casou con Teresa Riestra López, filla de Francisco Antonio Riestra e irmá de José Riestra López. Foi pai de Francisco de Federico Riestra.
Predecesor: Rafael Gasset Chinchilla |
Ministro de Fomento 1906 - 1907 |
Sucesor: Augusto González Besada |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xenealoxía dos Marqueses de Riestra Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.