Abrir o menú principal

Francisco Suárez Salgado

sacerdote e xornalista galego

Francisco Suárez Salgado, nado en Beba (Mazaricos) o 13 de febreiro de 1862 e finado nos Ánxeles (Brión) o 20 de agosto de 1910, foi un sacerdote e xornalista galego.

Francisco Suárez Salgado
Almanaque Gallego, 1898, p. 38, Francisco Suarez Salgado.jpg
Nacemento13 de febreiro de 1862
 Beba
Falecemento20 de agosto de 1910
 Os Ánxeles
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
"El alma de Galicia encarnada en Rosalía de Castro" en Á Rosalía Castro, en el duodécimo aniversario de su muerte, los gallegos residentes en la República Argentina. PDF.

Cursou estudos de humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago. Dedicouse ao xornalismo, comezando en La Cruz, de Santiago, con composicións satíricas moi celebradas; colaborou tamén en El Libredón, Gaceta de Galicia, El Ciclón e El Pensamiento Galaico de Santiago, La Voz de Galicia da Coruña, El Siglo Futuro, El Noticiero e El Imparcial de Madrid. En Compostela fundou o semanario político-literario La Verdad e en Carril Varapalo de Picaños.

En 1885 emigrou a Buenos Aires, onde seguiu exercendo a carreira sacerdotal como párroco de Quilmes (1887-1893)[1] e colaborando na prensa da capital arxentina. En 1898 regresou definitivamente a Galicia, como representante en Europa do periódico El Eco de Galicia e en 1902 fundou en Santiago de Compostela a revista La Acción Católica, que tamén dirixiu, e cursou a carreira de dereito.

Destacou como orador, sendo o primeiro sacerdote que utilizou o galego nos seus discursos patrióticos. Das súas conferencias e discursos destaca o titulado "A alma galega encarnada en Rosalía de Castro".

NotasEditar

  1. "Sacerdotes que ejercieron su ministerio en la Catedral desde los comienzos hasta nuestros días". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar