Francisco Romero Molezún
médico galego
Francisco Romero Molezún, tamén coñecido como Francisco Romero Molezúm, nado en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1872 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 1938, foi un médico galego.
Francisco Romero Molezún | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de marzo de 1872 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 19 de agosto de 1938 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Central |
Ocupación | médico, cirurxián e otorrinolaringólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Francisco Romero Blanco. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica pola Universidade de Santiago de Compostela (1910), especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade. Afeccionado á arqueoloxía e á historia, publicou artigos en periódicos da época. En unión dos seus irmáns instituíu unha fundación académica e benéfica en Lousame. Foi deputado provincial en 1923.
Obras editar
- Articulaciones falsas o de la calavera, 1897.
- Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas, 1913.
- Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico, 1913.
- Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea, 1913.
- Exploración clínica de las fosas nasales y sus anexos, 1913.