Francisco Rafael Augier

Francisco Rafael Augier, nado en Tui o 20 de setembro de 1767 e finado en Catamarca (Arxentina) o 3 de novembro de 1847, foi un empresario galego radicado na Arxentina.

Infotaula de personaFrancisco Rafael Augier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1767 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1847 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
San Fernando del Valle de Catamarca, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi bautizado na catedral de Tui co nome de Rafhael Francisco Antonio de los Dolores Augier y Rojano. Era fillo de Henry Augier Ferriere (emigrante de Montpellier) e da tudense María Ana Rojano Figueroa y Oia Ozores de Sotomayor, filla do malagueño Francisco Rojano de Figueroa y Salcedo.

Emigrou cara a Arxentina cando aínda era unha colonia española, xunto aos seus irmáns Pedro Evaristo (que se afincaría en Santiago del Estero e casaría con Andrea de Santa Ana Paz y Figueroa), Francisco Rafael e Vicente, que chegou a Tenente de Milicias na compañía de infantaría de Dragóns de Buenos Aires baixo as ordes do Vicerrei Rafael de Sobremonte). Francisco Rafael afincouse en Catamarca, traballando como comerciante e membro do Cabido.

Axiña acadou reputación e representación no lugar. Foi un dos dignatarios da Acta de Autonomía de Catamarca, asinada o 15 de agosto de 1821, e que implicou a separación de Tucumán.

Casou con María Ignacia Correa y de Soria y Medrano filla de Juan Manuel Correa Barros e de María Antonia de Soria Medrano y Olmos de Aguilera. Tiveron unha gran descencencia: María Victoria (casada con Pedro de Segura y Cubas), Teresa (esposa de Pedro Ignacio Recalde), Pastora (casada con José Luis Lobo), Uladislao, Neófita (casada con Ramón Rosa Correa), Justa (esposa de Benjamín Herrera), Bernardina (casada con José Luis Cano Valdés), Juan Agustín e Francisco Marcelino Augier.