Francisco Puy Muñoz
Francisco Puy Muñoz, nado en Cambil (Provincia de Xaén) o 12 de xaneiro de 1936, é un escritor e político español.
Francisco Puy Muñoz | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1936 |
Lugar de nacemento | Cambil |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Granada |
Ocupación | profesor universitario, político e xurista |
Fillos | Pedro Puy Fraga |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito en 1958 e doutorado en 1961 na Universidade de Granada. Foi profesor de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada e despois catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1966) onde dirixiu, entre outras, a tese doutoral de Carolina Rovira. Profesor invitado das Universidades de Toulouse, Coímbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana. Foi fundador da Fundación Alfredo Brañas e presidente do seu padroado dende 1990. Dirixiu un programa de investigación trienal (1999-2002) na USC sobre "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega.
Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela en 1973 en representación do terzo familiar[1]. A proposta de Alianza Popular, foi membro e secretario da comisión do Estatuto dos dezaseis.
ObrasEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- El pensamiento tradicional en la España del siglo XVIII (1700-1760), 1961.
- El derecho y el estado en Nietzsche, 1966.
- Lecciones de derecho natural, 1967, 2ª ed. corr. 1970, Porto y Cía. Editores.
- El derecho hispánico, 1973.
- La Filosofía del Derecho en la Universidad de Santiago, 1975.
- Derechos Humanos, 1983.
- Tópica Jurídica, 1984.
- Historia da Xurisprudencia Galega.
- Ensaios acerca da nosa autoidentificación (coord.), 1990
- Alfredo Brañas filósofo do dereito, 1998.
RecoñecementosEditar
- Doutor honoris causa pola Universidade de Santo Tomás (Chile).
- Doutor honoris causa pola Universidade de Belgrano (Bos Aires).
- Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo).
- Magister Honoris Causa da Escola Xudicial de México.
- Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
- En 2011 foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil)[2].
Vida persoalEditar
Casou con Rosario Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga; é pai de Pedro Puy Fraga.
NotasEditar
- ↑ Cartel
- ↑ "O profesor Francisco Puy Muñoz foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2011.