Francisco Pazos

escultor galego (1961- )
(Redirección desde «Francisco Pazos Martínez»)


Francisco Pazos Martínez, nado en Covas (Meaño) en 1961, é un escultor galego[1].

Infotaula de personaFrancisco Pazos
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Covas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , canteiro Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte figurativa e Arte abstracta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webfpazos.es Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras rematar os seus estudos primarios formouse na Escola de Canteiros de Poio entre 1980 e 1985. Despois desta etapa crea o seu propio taller na súa vila natal, onde comezou a crear as súas primeiras obras. Entre 1991 e 2000 estivo na Escola de Canteiros como docente, actividade que abandonou para centrarse de cheo na creación artística.

Realiza escultura figurativa e abstracta utilizando como materiais principais a pedra e a madeira, combinándoas con ensambladuras caprichosas, utilizando roturas deliberadas e grampas innecesarias, o que confire ás súas obras un estilo propio e recoñecible. Tamén realiza cadros pintados sobre madeira e mobles de madeira ou combinados con outros materiais.

As súas obras trufan o concello de Meaño[2], e tamén están presentes en diversos lugares fóra de Galicia.

 
Fiestra aberta ó mar (2004). Paseo marítimo da Coruña

Museos, coleccións e lugares públicos que teñen obra súa editar

Premios e bolsas editar

  • 1983 - 2º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra.
  • 1984 - 1º premio Bolsa "Novos Valores". Bienal de Pontevedra.
  • 1990 - Medalla de Bronce XXI Bienal de Pontevedra.
  • 2008 - Premio “Antón Fraguas”. Deputación da Coruña.
  • 2008 - 1º Premio concurso escultura aire libre Fundación FEIMA. Madrid.
  • 2016 - 1º Premio III Certame Francisco Asorey[3].

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • XXI Bienal de Arte Pontevedra'90. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra. 1990. ISBN 9788486845452. 

Ligazóns externas editar