Francisco Olazar

futbolista arxentino

Francisco Olazar, nado o 11 de xullo de 1885 en Quilmes e finado o 21 de setembro de 1958 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Francisco Olazar
Información persoal
Nome Francisco Olazar
Nacemento 11 de xullo de 1885
Lugar de nacemento Quilmes
Falecemento 21 de setembro de 1958
Lugar de falecemento Buenos Aires
Altura 165 centímetros
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1900–1910 Racing Club 225 (38)
Selección nacional
Selección de fútbol da Arxentina 18 (1)
Adestrador
1928–1930 Selección de fútbol da Arxentina
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Coma xogador formouse no Racing Club de Avellaneda, único equipo co que xogaría e co que debutou na Primeira División arxentina en 1910. No equipo arxentino desenvolveu unha exitosa carreira coa consecución do título de liga en oito ocasións, sete delas de maneira consecutiva.

Como adestrador dirixiu á Selección de fútbol da Arxentina en 11 ocasións entre 1929 e 1930, dirixindo ao equipo á consecución do título da Copa América, disputada en 1929 en Buenos Aires, e no Mundial de Fútbol Uruguai 1930 no que acadou o subcampionato.

Palmarés editar

Coma xogador, co Racing de Avellaneda: Ligas arxentina (8): 1913, 1914, 1915, 1916, 1917, 1918, 1919 e 1921.

Coma adestrador, coa selección de fútbol da Arxentina: Copa América 1929.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar