Francisco María Rivas Taboada
Francisco María Rivas Taboada Baamonde, nado en Siador (Silleda) e finado en 1874, foi procurador e alcalde do concello de Chapa, posteriormente Silleda.
Francisco María Rivas Taboada | |
---|---|
Lugar de nacemento | Siador |
Falecemento | 1874 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Elías Vicente Rivas Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Propietario do Pazo de Sestelo, na parroquia onde naceu, promoveu a creación do Santuario da Virxe da Saleta, converténdose no primeiro en toda España baixo esta advocación. En 1863, encargou unha imaxe da virxe ao escultor santiagués Magariños, que foi trasladada a ombreiros desde Compostela ata o seu pazo, onde permaneceu ata o ano seguinte, cando se traslada ao santuario, xa construído este.[1] Foi alcalde de Chapa en 1856 e 1865. Casou con Carmen Martínez Núñez e foi pai de Elías Vicente Rivas Martínez e avó de Narciso Rivas Martínez, o primeiro xuíz municipal en Silleda e o segundo alcalde de Ourense.
NotasEditar
- ↑ "Roberto Rivas cede ao Concello de Silleda valiosa información sobre a historia do municipio e da Saleta". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013.