Francisco Javier Oliete Valle
Francisco Javier Oliete Valle, nado o 9 de setembro de 1970 en Zaragoza é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de lateral esquerdo.
Oliete | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Javier Oliete Valle | ||
Nacemento | 9 de setembro de 1970 | ||
Lugar de nacemento | Zaragoza | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1988-1991 | FC Barcelona B | 6 | (0) |
1991-1993 | Albacete Balompié | 34 | (1) |
1993-1994 | Celta de Vigo Cedido | 17 | (0) |
1993-1994 | Albacete Balompié | 13 | (0) |
1995-1996 | Villareal CF | ||
1996-1997 | Sporting de Gijón | 20 | (1) |
1997-1998 | UE Lleida | 21 | (1) |
1998-2000 | Atlético Tarazona | ||
2000-2002 | CP Villarobledo | ||
2002-2006 | CD Teruel | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co filial no ano 1988. De cara á tempada 1991/92 fichou polo Albacete Balompié, onde militará ata 1995, cunha tempada polo medio cedido no Celta de Vigo, equipo co que chegou á final da Copa do Rei de Fútbol en 1994.
Despois de xogar en Segunda División co Villareal CF en 1996 ficha polo Sporting de Gijón en Primeira División, onde tampouco convenceu e so militou unha tempada, antes de fichar polo UE Lleida.
Remataría a súa carreira xogando en equipos de Terceira División, como o Villarrobledo, o Atlético Tarazona ou o CD Teruel, onde xogou de 2002 a 2006 e onde finalmente se retirou.