Francisco Freire de Andrade e Camino, nado ao redor de 1717 en San Tomé de Bemantes (Miño) e finado en Carmona (provincia de Sevilla) en 1798, foi un militar galego.

Infotaula de personaFrancisco Freire
Biografía
Nacemento1717 Editar o valor em Wikidata
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Morte1798 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1738 ingresou como soldado no rexemento de cabalería de Alcántara e progresou profesionalmente sendo sucesivamente cabo, sarxento, alférez, tenente e capitán. En 1746, como cabo, participou co exército español na batalla de Piacenza. En 1766 estando acuartelado en Carmona casou cunha moza local coa que tivo catro fillos, dous homes e dúas mulleres. O maior dos varóns acabaría por ser o militar Manuel Freire xeneral nas Guerras da Independencia Española. Posteriormente ascendería a tenente e logo a capitán. Faleceu en 1798, e foi soterrado na bóveda da Irmandade de Jesús Nazareno de Carmona.