Francisco Fanego Losada

relixioso, profesor e escritor galego


Francisco Fanego Losada, nado en Santiago de Mondoñedo (Mondoñedo) o 30 de novembro de 1887 e finado na mesma vila o 27 de xuño de 1974, foi un relixioso, profesor e escritor galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Fanego Losada
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1887 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1974 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónSeminario de Mondoñedo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, catedrático, cóengo, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1263882

Traxectoria

editar

Era fillo de Andrés Fanego Fernández e Dolores Losada Teijeiro, naturais de Santa Margarida, na parroquia dos Remedios. En 1899 ingresou no seminario de Mondoñedo, e foi ordenado sacerdote o 23 de decembro de 1911 polo bispo Juan José Solís Fernández. Licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi profesor de latín e Humanidades no Seminario desde 1911 até a súa xubilación o 19 de setembro de 1963. Un seu irmán, Gerardo, tamén foi docente no mesmo centro. O 30 de outubro de 1939 foi nomeado cóengo da catedral de Mondoñedo, e o 8 de xuño de 1962 foi promovido a mestrescola, encargado do cabido catedralicio das ciencias eclesiásticas. En 1963 recibiu a encomenda da Orde de Afonso X O Sabio.

Xesús Alonso Montero dixo del que era un magister oral de extraordinaria eficacia..., o latín era para el un sacramento. Álvaro Cunqueiro escribiu cando finou Por las abiertas ventanas de la cátedra llegaba el latín a los artesanos y labriegos, quienes callaron. Por segunda vez, la voz del maestro Fanego gritó la frase: conscendere navibus aequor![1]

En 1966 o bispo Jacinto Argaya deulle permiso para celebrar a misa na súa casa por mor do seu delicado estado de saúde, e ao ano seguinte recibiu dispensa de asistir ao coro e os actos capitulares da catedral por mor da súa cegueira.Tras a súa morte, foi soterrado no claustro da catedral.

Comezou publicando poesía en 1908 no periódico La Defensa. Escribiu tres poemas en latín: "Carmen alegoricum" (1945, dedicado a José Souto Vizoso), "Carmen amoris" (1946, dedicado a Fernando Quiroga Palacios logo de que fose nomeado bispo da diocese de Mondoñedo) e "A Álvaro Cunqueiro" (1969, logo de que lle concedesen o Premio Nadal). Tamén escribiu poesía en castelán, e un poema en galego no programa das festas do San Lucas de 1956, dedicado a Enrique Chao Espiña. Era o correspondente e encargado da venda e distribución aos suscritores de El Ideal Gallego en Mondoñedo[2]. Tamén publicaba decote no Boletín del Obispado de Mondoñedo-Ferrol.

Félix Villares Mouteira encádrao na Escola poética do Seminario de Mondoñedo con Antón María de Castro e Neira, Lois Corral Rodríguez, Xacinto Romualdo López, Nicomedes Pastor Díaz, Xosé María Chao Ledo, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Celestino Cabarcos Suárez, Daniel Pernas Nieto, Xosé Crecente Vega, Xosé Trapero Pardo, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Xosé Chao Rego, Xosé Martinho Montero Santalha, Camilo Valdehorras e outros máis[3].

  1. "Díaz Castro". xermolos.org. Consultado o 19/11/2018. 
  2. "Miscelánea Mindoniense". blogoteca.com. Consultado o 19/11/2018. 
  3. Vilares Mouteira, Félix. "O Seminario de Mondoñedo, berce de poetas". galiciadigital.com. Consultado o 19/11/2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar