Francisco Blanco

misioneiro galego

Francisco Blanco, nado no Tameirón (A Gudiña) o 18 de setembro de 1570 e finado en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597, foi un relixioso católico galego.

Francisco Blanco
Ceramic-Saint-Francisco-Blanco-1638.jpg
Nacemento18 de setembro de 1570
Lugar de nacementoO Tameirón
Falecemento5 de febreiro de 1597
Lugar de falecementoNagasaki
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
OcupaciónSacerdote católico de rito romano
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no colexio dos xesuítas en Monterrei e máis tarde iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Salamanca. Ingresou na orde franciscana en Villalpando, e estudou Filosofía no convento de Santo Antón de Salamanca. Doente, pasou un tempo no convento de San Francisco de Pontevedra e cara a 1592 marchou a Sevilla xunto con outros vinte e oito franciscanos galegos coa idea de embarcarse cara a América como misioneiro.

Foi ordenado sacerdote en México, e despois estivo en Manila (Filipinas). Finalmente, decidiu predicar o cristianismo no Xapón, país especialmente hostil cos misioneiros. Foi martirizado cruelmente naquel país: no monte Tetayama foi crucificado e atravesado de parte a parte por dúas lanzas. Con el foron executados dezaseis terciarios, seis franciscanos e dous xesuítas.

VeneraciónEditar

A Igrexa católica, concretamente o Papa Pío IX, canonizouno o 8 de xuño de 1862.

Na súa parroquia natal do Tameirón consérvase unha reliquia, un óso dun dedo maimiño[1]. O seu cranio consérvase en Outarelo (O Barco de Valdeorras)[2].

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Susana Prieto (6 de febreiro de 2011). "Devoción por San Francisco Blanco". La Voz de Galicia. 
  2. "Outarelo (O Barco) mantense fiel a San Francisco Blanco". O Sil. 2 de febreiro de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar