Francisco Acal Eiros

político galego

Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas (A Braña, Baleira) o 6 de xuño de 1932 e finado en Lugo o 26 de maio de 2013,[1] foi un político galego, alcalde de Baleira durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.

Infotaula de personaFrancisco Acal Eiros

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata
Baleira, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 2013 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi presidente da Cámara Agraria local e foi designado alcalde de Baleira en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Baleira, e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 1983 por Coalición Galega, volveu ser elixido nas municipais de 1987 pola CPG e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.

Aínda que anunciou que non tiña previsto repetir candidatura,[2] finalmente volveuse presentar como candidato á alcaldía de Baleira polo PPdeG nas municipais de 2011[3] e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Faleceu en 2013, mentres ocupaba a alcaldía, e foi relevado no cargo por Ángel Enrique Martínez-Puga López.[4]

Acal foi tamén presidente da Asociación de Amigos da Marronda e cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.[5][6]

Notas editar

  1. Redacción (2013-05-26). "Fallece Acal Eiros, alcalde de Baleira desde 1979". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  2. Francisco Acal Eiros: Levo 32 anos na alcaldía, xa cumprín e non me vou presentar ás vindeiras eleccións Arquivado 03 de outubro de 2010 en Wayback Machine.. elprogreso.galiciae.com, 07/12/2009. (en castelán)
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  4. López, Laura (6 de xuño de 2013). "Baleira ya tiene alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  5. Rielo, Begoña G. (2010-07-31). "El Concello de Baleira volverá a homenajear a sus bosques autóctonos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  6. Damas y caballeros de la Orden del Camino de Santiago. (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


Predecesor:
-
  
Alcalde de Baleira
 
1977 - 2013
Sucesor:
Ángel Enrique Martínez-Puga López