Francesco II Acciaioli
Francesco II Acciaioli, finado en 1460, chamado Franco, foi o último duque de Atenas.
Francesco II Acciaioli | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1430 |
Falecemento | 1460 |
Lugar de falecemento | Peloponeso |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Antonio II Acciaioli |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Era o fillo do duque Antonio II Acciaioli pero só gobernou durante dous anos (1455-1456), cando o exército turco baixo Turahanoğlu Ömer Bey chegou a Atenas. O duque e os seus cidadáns escondéronse na Acrópole e mantivéronse contra os turcos até xuño de 1458, cando se viron obrigados a renderse. Mehmed II entrou en Atenas en agosto de 1458, e permitiu a Franco conservar o señorío de Tebas como vasalo seu.
En 1460, Mehmed foi informado polos seus xanízaros dun complot para colocar a Francisco unha vez máis en Atenas. Francisco foi convocado a Morea por Zağanos Pasha, un dos gobernadores do sultán. Despois dunha longa noite de entretemento, Zağanos Pasha dixo a Francisco que a súa última hora chegara. A última petición de Francisco foi ser asasinado na súa propia tenda de campaña, cousa que lle foi concedida.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Babinger, Franz. Mehmed der Eroberer und seine Zeit, 1953.