Francesca Haig

escritora australiana

Francesca Haig, nada en Tasmania o 19 de xullo de 1981, é unha escritora australiana.

Francesca Haig
Nacemento19 de xullo de 1981
Lugar de nacementoTasmania
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade de Melbourne
Ocupaciónescritora, profesora e poeta
Na rede
IMDB: nm5777025 Twitter: FrancescaHaig Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Creceu en Hobart. Estudou no instituto de Fahan[1] e graduouse en escritura creativa pola Universidade de Melbourne, na que traballou como profesora e na que se doutorou. É profesora de Filoloxía Inglesa e Escritura Creativa na Universidade de Chester[2]. Vive en Londres co seu marido e o seu fillo[3].

A súa área de investigación é a ética e a poética na novela histórica moderna, e está especializada en literatura do Holocausto. Publicou artigos de temática diversa, desde a pseudociencia a William Shakespeare.

A súa poesía apareceu publicada en revistas literarias e antoloxías en Australia e Inglaterra, como Overland, Famous Reporter e Blue Dog. En 2006 publicou o seu primeiro poemario, Bodies of Water, finalista do Premio Anne Elder[4]. Participou en numerosos foros de poesía, festivais e conferencias.

En 2015 publicou a novela distópica The Fire Sermon, primeira da serie epónima post-apocalíptica.

Obra editar

Serie The Fire Sermon editar

  • The Fire Sermon (2015)
  • The Map of Bones (2016)
  • The Forever Ship (2017)

Poesía editar

  • Bodies of Water (2006)

Relatos editar

  • The Day the Words Took Shape (2014)

Notas editar

  1. "Francesca Haig returns to Fahan". Fahan School (en inglés). 2 de decembro de 2016. 
  2. "Francesca Haig". University of Chester (en inglés). 
  3. "About Francesca". francescahaig.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  4. 2006 National Literary Awards Results Arquivado 01 de setembro de 2007 en Wayback Machine. p. 2.

Véxase tamén editar