Frances Spence

programadora da Computadora ENIAC
(Redirección desde «Frances Bilas Spence»)

Frances Bilas Spence, nada en Filadelfia o 2 de marzo de 1922 e finada o 18 de xullo de 2012,[1] foi unha das programadoras orixinais da Computadora ENIAC.[2]

Infotaula de personaFrances Spence

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 2012 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónChestnut Hill College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemático Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , informática teórica , programadora , enxeñeira , física Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMoore School of Electrical Engineering (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bilas-2 Find a Grave: 147667361 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai era enxeñeiro e a súa nai mestra, ambos no sector da educación.[3] Estudou na Universidade Amorne, onde gañou unha bolsa para o Chestnut Hill College. Graduouse en Matemáticas con orientación en física no ano 1942. Mentres estudaba coñeceu a Kathleen McNulty, quen tamén se converteu logo nunha das seis mulleres que programaron ENIAC. McNulty e Spence foron empregadas na Moore School of Engineering para traballar en cálculo de traxectorias balísticas. Ambas foron seleccionadas para ser parte do primeiro equipo de programadores de ENIAC, unha máquina deseñada especialmente para realizar este tipo de cálculos. Este grupo estaba formado por Jean Jennings Bartik, Betty Snyder Holberton, Ruth Lichterman Teitelbaum, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli e Marlyn Wescoff Meltzer.[4]

En 1947, un ano despois da presentación en sociedade da Máquina ENIAC, Frances casou e ao pouco renunciou ao seu posto.

Logros editar

En 1997, Frances foi incluída no Women in Technology International Hall of Fame, xunto as súas compañeiras da ENIAC.[5] O seu traballo achando o camiño para as computadoras electrónicas do futuro, e a súa innovación puxo en marcha o auxe da computación electrónica e a programación de computadoras na era posterior á segunda guerra mundial.[6]

O equipo ENIAC inspirou o galardoado documental de 2013 The Computers. Este documental, creado por Kathy Kleiman e o proxecto de programadores ENIAC, combina imaxes reais do equipo de ENIAC da década de 1940 con entrevistas cos membros do equipo feminino, xa que reflicten o seu tempo traballando xuntos.[7] É o primeiro documental dunha serie de tres partes, The Coders e The Future-Maker son as seguintes.[8]

Notas editar

  1. "Frances B. Spence". genealogybank. Consultado o 1 de decembro de 2013. (require subscrición)
  2. "Las chicas del ENIAC (1946-1955)". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-29. Consultado o 2020-05-17. 
  3. "Frances V. Spence profile". IEEE Global History Network. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  4. "De Ada Byron a Grace Hopper y las programadoras del ENIAC: los bits, en femenino". Repositorio institucional UPV. Consultado o 17-5-2020. 
  5. "WITI - Women in Technology Hall of Fame". www.witi.com. Consultado o 2020-05-17. 
  6. "Penn Library Exhibitions". Penn Library. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  7. "The Computers Documentary". The ENIAC Programmers Project. Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  8. "History's Female Programmers Will No Longer Be Forgotten". ReadWrite. Consultado o 2 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar